Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2023

 

  O 17 de maio conmemórase o día das Letras Galegas, este ano o autor homenaxeado é un mariñao coma nós, veciño de Lourenzá,  Francisco Fernández del Riego. Autor dunha extensa obra, a súa sinatura está presente en máis de 150 monografías. Traballou como prologuista, editor literario ou tradutor en case un cento de títulos e asinou máis de 4.000 colaboracións en publicacións periódicas. Creador da Editorial Galaxia, director da revista Santo Grial e presidente da Real Academia Galega.

 A través destes enlaces do Seminario Galán adentrarémonos na vida e obra de Fernández del Riego:

VÍDEO BIOGRÁFICO

QUE SABES DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO?

A XOGAR!!!

A RULETA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O RODICIO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Actividades para imprimir:    4º EI , 5º EI e 6ºEI .

 Faremos unha pequena introdución aos xoguetes tradicionais a través das obras de José Manuel García Fernández e Xosé López González, prologadas dúas delas por Francisco Fernández del Riego. Con motivo das Letras, no museo O recuncho das argalladas, no mosteiro de Vilanova de Lourenzá, dos que estes dous estudosos son promotores, inauguraron no mes de abril unha exposición que leva por título Don Paco, o pícaro argalleiro e na que se recolle, previo estudio da obra do homenaxeado, os xogos e xoguetes da súa infancia.

 

 

  Os avós e avoas tamén serán protagonistas ensinándonos xogos tradicionais ao longo destes días.

 A través da asociación Bágoas da Terra coñeceremos as diferentes partes do traxe tradicional. Presentarán unha carpeta con recortables da indumentaria tradicional, ilustrado por Mariña Gueimunde.

 E como non podía faltar a música, o grupo Illa Pancha amenizará unha pequena xuntanza cuns convidados moi especiais, os avós e as avoas. Os nenos/as desfrutarán do traxe galego, da música da nosa terra e da compaña dos máis maiores da familia.

 E así aprendimos e así de ben nolo pasamos... Avós e avoas grazas por compartir o voso tempo con nós...

 



page | by Dr. Radut