Durante o mes de abril e o de maio, no cole San Roque, queremos facer un guiño aos libros e ás letras, seguindo coa campaña CIDADANÍA, DIVERSIDADE = IGUALDADE E INCLUSIÓN.
Por iso, e como botamos de menos contarvos algún que outro contiño, as profes e profe do cole, queremos convertirnos en contadores de contos, e celebrar cos vós estes días tan especiais.
Así mesmo, invitámosvos, como parte da nosa comunidade educativa e como cidadanía activa, a que compartades con nós os vosos propios contacontos (a través do mail ou do wsp), xa que sodes unha peza moi importante deste quebracabezas educativo e polo tanto, da biblioteca de Librín, como eixo desta actividade que vos propoñemos.
Os primeiros contos dalgúns alumnos e das súas familias xa están colgados no blog da biblioteca, que podedes ver no seguinte enlace:
http://bibliotecalibrin.blogspot.com/
Cada día iremos publicando un contacontos para que desfrutedes da nosa compaña e das nosas historias, así como de todas aquelas que queirades compartir con nós.
Mandámosvos un abrazo moi grande
O Claustro e Librín