EEI O GRUPO

                                                

 

 

   

       

 

                                

    

 

COÑECE A NOSA ESCOLA

 

Estimadas familias:

 

 

 

            Normalmente, entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo para solicitar un posto escolar para o vindeiro curso. Cada ano é un momento  importante para as familias que teñen fillos e fillas  que van acceder por vez primeira ao sistema educativo. Nesta ocasión, entraría o alumnado que vai cumprir os 3 anos de idade durante o ano natural 2021.

 

Habitualmente faciamos unha Xornada de Portas Abertas para presentarvos ao noso profesorado, o noso proxecto educativo e as nosas instalacións, aclarando as dúbidas que puidese haber. Lamentablemente, nesta situación de emerxencia sanitaria pola COVID-19 non é aconsellable facela de xeito presencial, polo que faremos unha virtual, mediante videoconferencia, o martes 23 de febreiro ás 18:30 horas no seguinte enlace:

 

 

 

https://falemos.edu.xunta.gal/XORNADAPORTASABERTASEEIOGRUPO

 

 

 

Deberiades poder acceder dende calquera dispositivo.

 

Non te quedes con dúbidas. Esperámoste o martes 23.

 

 

Agregamos a seguinte presentación para que poidades ir coñecéndonos. Premede  na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
cartel 2021.JPG2.69 MB
Carta ás familias Portas abertas.pdf311.51 KB