AUTONOMÍA PERSONAL

Hábitos e Autonomía Persoal

Mentres ímos xogando, seguimos aprendendo…esta semana a proposta é seguir colaborando coa nosa familia, para que xuntos, podamos RECOLLER A HABITACIÓN.

É IMPORTANTE, que os nosos/as pequenos/as poidan SENTIRSE PROTAGONISTAS EN TODAS AS TAREFAS QUE FAGAN.

A continuación, amosamos diferentes tarefas que os nenos/as poden facer, sempre en función da súa idade;

@ Para iniciar aos pequenos/as, na TAREFA de FACER A CAMA, podemos propoñerllo como un xogo;

Ao principio estaremos con eles, disfrutando e aproveitando o tempo que plantexamos para facer dita tarefa. Podemos xogar a facer unha guerra de almofadas, ou xogar a que a nosa cama é unha tenda de acampar,..

 

E despois de xogar, hai que recoller, podemos facer a cama ao principio perseguindo arrugas, ou buscando as puntas da sábanas,… Os mais pequeniños/as poden colaborar poñendo a almofada ou colocando os seus bonecos favoritos.

@ Outra actividade importante será recoller os xoguetes despois de xogar; ORDEAR é moito mais sinxelo si cada obxecto ten o seu lugar.

 

Polo xeral, somos os adultos quenes decidimos onde se garda cada xoguete, pois a proposta é QUE SEXAN OS PEQUES OS QUE DECIDAN ONDE GARDALOS, en función dos seus gustos, e do tempo que lle adiquen a xogar,… Para facer isto, é fundamental poder dispoñer dunhas caixas onde colocalos e sería interesante se a cada caixa se lle poden facer unhas etiquetas con debuxos ou escritura, en función da idade dos pequenos/as. Deste xeito, será mais doado poder recoñecer o lugar onde se atopan gardados cunha simple ollada.

 

CÓMO PODEMOS FACER QUE OS NENOS/AS REALICEN ESTAS TAREFAS CON GUSTO?

 

@ Será importante ter presente que NESTAS TAREFAS QUE ÍMOS PROPOÑER cos nosos nenos/as, PARA ELES NON PODE SUPOÑER MAIS QUE UN XOGO.

 

@ É IMPORTANTE QUE DEMOS EXEMPLO. Como xa sabedes somos un modelo a imitar para os nosos/as cativos/as.

 

@ ORDEAR NON SÓ OS XOGUETES, a medida que vaian crecendo é importante que participen xunto cos membros da familia nas tarefas do fogar; recoller a roupa, pasar o aspirador,…

 

@ PARABÉNS. Temos que reforzar os nosos/as pequenos/as amosando unha actitude positiva cada vez que nos axuden.

 

@ Será fundamental que estemos xuntos, na tarefa de FACER AS LABORES e así COMPARTIR CON ELES ditos MOMENTOS.

 

@ A elaboración do cuadro de rutinas que propuxemos a semana pasada, será RECOMENDABLE que recolla estos momentos de limpeza e recollida de material.

 

 

 

BIQUIÑOS PARA TODOS E ATA A PRÓXIMA SEMANA!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer