O TEMPO E A TERRA

 

4º ACTIVIDADEDE CIENCIAS: O TEMPO E A TERRA

 

TRABALLAR ESTES DOUS CONCEPTOS IMPLICA ADENTRARSE NAS RAZÓNS DO NOSO PASO POLA VIDA. LÉVANOS A FALAR DO PASADO E DO FUTURO, PERO SOBRE TODO DA IMPORTANCIA DE SER CONSCIENTES E CONSECUENTES COAS NOSAS ACCIÓNS NO PRESENTE, DO LEGADO QUE RECIBIMOS E DO QUE NÓS PODEMOS DEIXAR.

 

CON ESTA ACTIVIDADE TRABALLAREMOS ESTES DOUS CONCEPTOS ENTRELAZÁNDOOS ENTRE SI.

 

1-DIALOGAMOS:QUEN SOMOS?, DE ONDE VIMOS?. FACEMOS UNHA PEQUENA INVESTIGACIÓN SOBRE A NOSA ORIXE.

 

ACTIVIDADES:

 

-FACEMOS UNHA ÁRBORE XENEALÓXICACON FOTOGRAFÍAS DA FAMILIA. PODEMOS FACER UNHA SINXELA ONDE SÓ APAREZAN OS PAIS-FILLOS, PODEMOS FACELA MÁIS AMPLA CON AVÓS-PAIS-FILLOS, E INCLUSO MÁIS AMPLAS (SE ASÍ QUEREMOS). TENDES DIFERENTES MODELOS EN PINTEREST.

   

 

 

-FACEMOS A NOSA LIÑA DA VIDACOAS NOSAS PROPIAS FOTOS DENDE QUE ERAMOS BEBÉS, INCLUSO COAS ECOGRAFÍAS TEMPORALIZADAS. PODEMOS IR ETIQUETANDO O ANO NO QUE SE FIXERON AS FOTOS E CANTOS MESES TIÑA OU ANOS O NENO/A, E IR ORGANIZÁNDOAS TAL E COMO VEDES NAS IMAXES:

 

             

 

 

 

2-DIALOGAMOS:QUE PEGADAS DEIXAMOS?, ONDE PODEMOS ATOPAR PEGADAS?, …

ACTIVIDADES:

-FACEMOS PEGADAS:CUNHA GABETA CON TERRA, CUNHA PLAQUIÑA DE BARRO,CON AREA … XOGAMOS A FACER PEGADAS, COS DEDOS, COAS MANS, COS PÉS, … INCLUSO PODEMOS FACER PEGADAS CON CUNCHAS, CON PLANTAS, …

 

 

                            

 

 

-TAMÉN PODEMOS INVESTIGAR SOBRE OUTRAS PEGADAS. PEGADAS DE ANIMAIS E FACER UN XOGO SOBRE ELAS: https://mimontessori.org/2016/07/03/huellas-de-animales/. NESTE ENLACE ATOPAREDES IMPRIMIBLES CO XOGO DAS PEGADAS DOS ANIMAIS.

 

                     

 

 

-FACEMOS AS PEGADAS DOS MEMBROS DA CASA. COS PÉS DESCALZOS PINTAMOS OS PÉS, E OS POÑEMOS UNS AOS LADOS DOS OUTROS. PODEMOS INCLUSO FACER UN CADRO COS PÉS DA FAMILIAS REPRESENTADOS. CON ESTA ACTIVIDADE, PODEMOS TRABALLAR TAMÉN CONCEPTOS MATEMÁTICOS: DE TAMAÑO, NÚMERO (DE PÉS, DE DEDOS QUE HAI SUMÁNDOOS TODOS, …).

 

 

                                                         

 

 

-CONSTRUÍR CON TERRA:CO BARRO PÓDESE CONSTRUÍR E, DE FEITO MOITO MELLOR QUE COA AREA. HUMEDECENDO A TERRA OBTEMOS UNHA PASTA BASTANTE CONSISTENTE QUE PERMITE USAR MOLDES E CREAR CASAS, CASTELOS, MUROS, … SE DEIXAMOS SECAR TERRAS DENTRO DE MOLDES OBTEREMOS FIGURAS OU LADRILLOS BASTANTE CONSISTENTES.

 

 

                                        

 

 

-CREAR MUNDOS E IMAXINAR HISTORIAS NO BARRO:SE DEIXAMOS ALGÚNS MATERIAIS DE XOGO PARA XOGAR COA TERRA, OS/AS NENOS/AS PODERÁN IMAXINAR INFINIDADE DE HISTORIAS. POR EXEMPLO, XOGAR A RECREAR A ERA DOS DINOSAURIOS, CREAR MICROHORTOS, ETC.

 

 

                                      

 

 

           

 

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer