CÁLCULO ABN

 

CÁLCULO ABN

Esta semana seguimos xogando cos números e imos empezar por unha actividade distinta, pero seguro que tan divertida como as anteriores.



ACTIVIDADE 1

Imos comenzar un novo mes, o de maio, e imos aproveitalo. Seguro que esta actividade lle fai ilusión ós peques porque en todas as clases usamos o calendario como un elemento máis co que traballar. Supoño que todos tendes na casa un calendario (e senon é moi doado de facer nunha folla). Podemos ir todos os días rodeando o número correspondente. Con este número podemos facer varias actividades, como por exemplo saber o seu nome, ir á recta numérica e contar ata que cheguemos a ese número, etc. Os primeiros son moi fáciles pero pouco a pouco vaise a ir complicando ata chegar a final de mes: o número 31. Lembrade sempre ata onde poden chegar os vosos fillos e fillas. Algúns chegarán a contar e coñecer ata o número 31 pero moitos (especialmente os máis pequenos) non serán capaces de facelo sos. Esto non implica que non se poda facer, claro que sí, pero coa axuda de un adulto: contamos xuntos, etc.



ACTIVIDADE 2

Imos agora a aproveitar a actividade da semana pasada na que fixemos unha recta numérica xigante. Pois imos a coller eses números para chegar á identificación de número e cantidade. Podemos empezar xogando coa montaxe. Os adultos podedes montar a recta mal e que sexan os nenos os que vos vaian correxindo. Tamén podemos darlle a eles os números e que a coloquen correctamente…

En cada número imos a colocar tantos obxectos como nos diga ese número. Si xa usamos números moi grandes, os obxectos quizais nos quiten a visibilidade de dito número polo que podemos poñer un recipiente ou unha folla debaixo de cada número onde poñer a cantidade que nos indica. Unha norma que tendes que ter en conta é que sexan os mesmos obxectos para todos os números. Non vale por exemplo usar para o número 1 unha boneca e para o tres pezas de un puzle.

Podedes ter xa un recipiente con este tipo de obxectos porque os imos a usar moito. Ideas hai moitas: palillos (que imos a utilizar máis adiante), pezas de construcción do mesmo tamaño, etc (xa sabedes que debedes usar o que teñades na casa e que sexa seguro para os rapaces).

ACTIVIDADE 3

 

A familia do …..

 Para esta actividade necesitamos unha ou varias casiñas como esta que podemos facer con un papel ou cartón. En cada cadrado imos a colocar a “familia” do número que poñamos no círculo do tellado. Empezaremos polos amigos do cero, polo que poñeremos no círculo do tellado o número cero e logo nos cadrados os números do 1 ó 9 empezando a colocar por orden de esquerda a dereita e de arriba abaixo (como podedes ver nos debuxos de abaixo). Esta actividade, como todas, pode ir complicándose ata onde os nenos e nenas podan ir facendo ata chegar á familia do 90.

Outra variante pode ser que os adultos lle demos colocados os números mal e que eles os vaian colocando ben e que vaian comentando o porqué están mal.

 

Como podedes ver que distinguimos dúas cores nos números que pasan da decena: o lugar das decenas son de cor vermello e o das unidades de cor negro. Esto é así porque logo traballaremos coas decenas e resultaranos moi cómodo ter feitos os números así.

 

Esperamos que estas actividades sexan moi entretidas e que vos sirvan para ter ideas coas que xogar cos nenos e nenas. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer