ABN

 

 

Benvidos a todos e a todas ó mundo do ABN!!!!!!

 

         Gustaríanos empezar este trimestre desexando que vos atopedes ben. Sabemos que están sendo momentos moi duros para todos e esperamos que remate todo o máis axiña posible. Mentras esto sigue, imos intentar traballar un pouco ó mesmo tempo que nos divertimos.  

 

Neste apartado imos traballar con ABN. As siglas de ABN significan “Aberto Basado en Números”. Esta metodoloxía coñecida xa polo alumnado do centro, é unha alternativa á ensinanza tradicional das matemáticas e que seguimos nas nosas aulas desde fai tempo. Trátase de acadar o mesmo resultado por un camiño alternativo. Imos Traballar as matemáticas dunha forma distinta para conseguir que o alumnado lle dé sentido ós números.

Outra das ventaxa de este método é que se adapta moi ben ós distintos niveis dos nenos e nenas. É moi manipulativo, polo que tamén é moi motivante. Para eles é un xogo e seguro que ás familias tamén vos gusta, por non decir ós vosos fillos e fillas maiores que estiveron no noso centro e ós que seguro que lles trae recordos.

Gustaríanos que tivésedes en conta que esto é simplemente unha suxerencia de actividades para que fagades nestes días nos que non nos imos a ver no cole e que non hai ninguna obriga de facelo. Esta pode ser unha “disculpa” para estar xuntos xogando e aprendendo. As actividades do ABN son infinitas e moi variadas ainda que para nós vai a ser un pouco complicado porque nos impuxemos unhas limitación na proposta de actividades como a de non incluir ninguna actividade que teñades que imprimir por si non tendes impresora. Todas se poderán facer  con lápiz, papel e un pouco de maña. Outra das limitacións (esta é a que nos recorta un número máis grande de actividades) é que imos a proponer actividades que se podan facer con material que pensemos que todos temos na casa, por exemplo pensamos que todos podemos ter pinzas da roupa, pero non todos temos velcro autoadhesivo. Si nos equivocamos e algún dos materiais non o tendes pensade sempre por cal o podedes sustituir. O importante non é o material senon o traballo que logo fagamos cos pequenos e pequeñas.

Queriamos indicarvos tamén, para non ter que facelo en todas as actividades, que donde poñamos que se pode facer con un folio ou papel, pódese utilizar calquera outro material que teñades á man: folios, cartulina, cartón de caixas valeiras, etc. Normalmente é mellor utilizar algo duro porque van a ser elementos que manipulemos moito e así serán máis resistentes e non se romperán tan facilmente.

Imos comenzar con actividades moi sinxelas para logo ir complicándoas co paso das semanas. Tamén hai que ter en conta que cada actividade que aquí se poña hai que adaptala ó nivel do voso neno ou nena, pero xa veredes que é moi faciliño. Por exemplo, xa sabedes que a un neno ou nena de 3 anos vaille a resultar case imposible facer unha actividade con números como o 60 ou 70, igual que para nenos de 5 anos lle resultará aburrido facer actividades co número 2 ou 3 porque o ten moi superado. Vós, mellor que ninguén, sabedes ata onde pode chegar o voso ou vosa peque.

 

ACTIVIDADE 1

Podemos comenzar por algo que temos en todas as aulas do cole e que se chama “RECTA NUMÉRICA”. Seguro que si lle preguntades ós vosos fillos e fillas vos explican o que é. Podedes ver un exemplo na figura 1 que acompaña a este texto. Aquí está dividida en anacos para que poda entrar na páxina pero nós imos a usala unida. Nós na clase témola nunha parede para poder usala sempre que a necesitamos. Vai a ser algo útil ó logo destes días xa que a imos usar moito. Para facela podedes cortar tiras de papel e delimitar uns cadrados onde os rapaces e rapazas maiores, coa vosa axuda, poden ir escribindo os números empezando no número un e rematando onde creades convinte. Ó mellor os máis pequenos non son capaces de escribilos e teremos os adultos que facelo. Como dixemos antes, pensade ata onde pode chegar os voso fillo ou filla contando e escribindo números. Non hai problema si nos quedamos cortos porque sempre podemos ampliala pegándolle outra tira. Na foto empeza no un e remata no 100.

 

ACTIVIDADE 2

Nesta segunda actividad imos a fixarnos na figura número 2. Imos a demostrar o ben que debuxamos! Recortaremos uns rectángulos e en cada rectángulo os rapaces e rapazas debuxarán e pintaran unha cara (lembrade: sin pelo). Pode ser a cara de mamá, papá, Bob Esponja, Supermán… imaxinación ó poder !!!. Logo escribiráselle un número e éste será o número de pelos que lle poñerán á cabeza. Como pelos poderemos usar pinzas de roupa.

Esta actividade podemos complicala todo o que queiramos porque podemos poñer números máis grandes ou máis pequenos. Tamén podemos complícalo facendo preguntas tales como: qué número de pelos tería esta cabeza si lle sacamos un pelo?, cántos pelos tería si lle poñemos 5 máis?. Sempre comprobaremos o resultado sacando ou poñendo o número de pinzas das que estamos falando. Si non sabemos a resposta a estas preguntas podemos ir á nosa recta numérica e comprobalo, por exemplo: temos unha cabeza co número 3 e poñemos tres pinzas. Si preguntamos: cántos pelos teriamos si sacamos un? e non saben a resposta iran á recta numérica e contaran ata o 3. Logo, como temos que sacar 1, contaremos cara á esquerda (cara atrás) un posto e quedaríamos no 2 que sería a resposta correcta. Vedes xa a utilidade desta recta numérica?

Non temos que facer moitas cabezas porque o que podemos é cambiar o número ás cabezas que xa temos. Podemos, por exemplo, pegarlle un anaco de papel por encima do número e escribir outro número distinto.

 

 

ACTIVIDADE 3

Creo que por esta semana xa basta de recortar, escribir, debuxar,… imos xogar coa baralla. Espero que teñades unha na casa. Con ela imos a elexir un dos paus, por exemplo copas, e collemos todas as copas da baralla (Lembrade adaptarvos ós coñecementos dos vosos peques).

-Poden ordenar de menor a maior as cartas ou de maior a menor.

-Outra posibilidade é que estén todas ordenadas menos unha que teremos reservada e que lla daremos a eles para colocala no lugar que lle corresponde polo seu número.

-Podemos poñerlle as cartas ordenadas pero que falte unha carta e que eles adiviñen que número é o que falta.

Como xa dixemos estas son soamente suxerencias para que xoguedes aprendendo. Esperamos que vos resulten útiles. A semana que ven teremos máis actividades coas que disfrutar.

 

 

Ánimo para todos que esto pasará pronto e un gran abrazo, ainda que sexa virtual. Xa queda menos para que nos vexamos!!!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer