SEMANA DA PRENSA

Dende o Fernández Varela estivemos traballando coa prensa e coas noticias que foron saíndo todos estos días, aproveitando así tamén as noticias do día da muller.

A raíz disto decidimos crear o noso periódico

"A voz do Varela", onde cada clase fixo unha pequena recopilación de momentos, actividades ou experiencias salientables para os nenos e nenas.

A continuación mostrámosvos unhas imaxes do resultado.

 





 

E vos preguntaredes, como o fixemos?
Pois usamos diferentes técnicas. Unhas clases usamos a plantilla para crealo a man, outros compusimos palabras con letras móviles e outros usamos a escritura en dispositivos electrónicos para desenvolver a actividade.
 



 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer