Eventos
Ven | ||
---|---|---|
MAGOSTO 2018 Ao longo da semana do 12 ao 16 de Novembro, traballamos cos nenos e nenas con diferentes materiais da natureza: madeira, terra, pedras, piñas, follas, froitos... o propósito do noso traballo foi que os peques manipulasen, experimentasen e realizasen unha "produción artística" xunto cos seus compañeiros/as. Aquí tedes unha pequena mostra de todo ese traballo. O día do Magosto saímos ao patio a facer estas bonitas composicións.
Cando rematamos e para festexar o ben que o fixemos, bailamos todos xuntos ao ritmo da música.
Con tanto traballo entrounos a fame e xuntámonos no patio cuberto a degustar unhas riquísimas castañas asadas. Bo proveito!
|