Skip to Content

Samaín no Virxe da Cela

 

 

Gañadores do concurso de portas:

 

1º premio Educación primaria: 5º de EP:

 


 

1º premio ESO: 4º de ESO:

 

 

 

Gañadores do concurso de cabazas:

 

A máis arrepiante: Aroa García Bermúdez, 2º de EP:

 

 

A más divertida: Mara Pico Bouza, 4º de EI:

 

 

 

A máis orixinal: Diego Garabana Tojeiro, 1º de EP:

 

 

A más artística: Martín Amenedo Carballeira, 6º de EI:

 

 

A máis elegante: Aroa Martínez Belda de 6º deº EI:

 

 

Na Biblioteca Castelao seguen a pasar moitas cousas…

Cando se achega o final do mes de outubro, o Samaín comeza a estar presente… Esta festividade que agora rememoramos, ten a súa orixe nas celebracións que o pobo celta vivía durante días para dar remate á tempada das colleitas e dar tamén comezo a un novo ano. Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno. No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas. Nesas celebracións, a través de druídas, contactaban cos ancestros e estes viñan visitar aos vivos…e para guialos colocaban caveiras acendidas nos seus fogares; de aí que agora se conmemore decorando cabazas.

Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo a noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa pervivíu  a costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron as vellas costumes aos Estados Unidos. Foi así como esta festa de orixe celta converteuse en Halloween.
 E na nosa biblio andamos entre cabazas, pantasmas e portas terroríficas celebrando o samaín.


 

 Invitámosvos a  visitar o recantiño de lecturas de terror onde encontraredes un montón de libros de medo… medo????, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!! 

             

O CPI VIRXE DA CELA NO ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA RAG

 

O martes 16 de outubro de 2018 ás  11:00 horas  alumn@s e profes do noso cole, o Virxe da Cela, asistiron no salón de actos da Real Academia Galega á entrega de premios  Contádenos o voso Día das Letras. Dito galardón, creado pola RAG, ten como  obxectivo coñecer e difundir cómo celebraron o Día das Letras Galegas os centros encargados da educación do alumnado de menor idade, ao abeiro da Primavera das Letras. Este proxecto web da RAG fornece desde 2016 a comunidade escolar de contidos lúdicos e didácticos arredor da figura protagonista do 17 maio desde unha perspectiva interdisciplinaria.
No acto estiveron presentes os tres centros gañadores:
CPI P Virxe da Cela (Monfero)
EEI do Milladoiro ( Ames)
CEIP Anxo da Garda  (A Coruña)
Así mesmo presidiron a xornada Victor Freixanes (presidente da Academia Galega), Francisco Castro (director xeral da Editorial Galaxia), a escritora Fina Casalderrey, Teresa Rocamonde, (responsable de comunicación de Bolanda), Andrea Jamardo (responsable de Urco Editora) e Pedro Ferriol (viúvo da escritora María Victoria Moreno).
 O noso centro apostou pola linguaxe radiofónica. O alumnado de primeiro e segundo gravou un conto inspirado en personaxes das obras de María Victoria Moreno. Pola súa banda o alumnado de 4º de EP realizou un programa dedicado á autora con entrevistas a Eli Ríos, Monste Pena, Francisco Castro, Fran Alonso e Andrea Jamardo, dentro do noso programa de  Radio escolar tan ben levado por Sergio Pascual y Lucía Abarrategui e financiado por Ayuda en Acción e a Fundación Repsol.
Ademais, a xornada tivo un remate  moi especial xa que compartimos co CEIP Anxo da Garda unha xornada de convivencia e xogos no centro coruñes. Ámbolos dous centros levamos tres anos colaborando para achegar realidades culturais e sociais diferentes, pero ao mesmo tempo enriquecedoras, tomando como nexo de unión o apego pola identidade cultural e a revalorización do medio natural como punto de partida para o deseño de actividades compartidas.
 
Parabéns a tod@s polo voso traballo!!!!!
 
Aquí deixamos un vídeo coas imaxes do evento
 

            

Listaxes definitivas da ESO para o reparto de libros do Fondolibros

 

Listaxes definitivas da ESO para o reparto de libros do Fondolibros

Para 3º e 4º de ESO:

Xa temos publicadas as listaxes cas adxudicacións de libros por alumno/a da ESO na porta de administración. Os libros repartirasen o primeiro día de clase.
Tamén se poden consultar on line no enlace:



 

Para 1º e 2º de ESO:



Lembramos que este ano 1ª e 2ª de ESO non teñen dereito a dito préstamo xa que temos o programa E Dixgal en 6 materias ou máis polo que non precisarán libros de texto en ditas materias. 
Das 3 materias que que sí precisan o libro de texto temos no centro algúns exemplares, pero non suficientes para todo o alumnado no caso de 2º da ESO. Repartiranse  o primeiro día de clase segundo o mesmo orde que estableceu a aplicación Fondolibros o curso pasado.

REUNIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

Informamos que a reunión das familias do alumnado de Educación Infantil será o luns 10 de setembro ás 10.00h na aula de UUMM.

Despois dunha recepción común cada grupo irá á aula correspondente ca súa mestra.

Graduación de 4º de ESO 2018

O pasado mércores 20 celebramos a graduación do alumnado de 4º ESO. Foi un acto cargado de emoción en compañía das familias, profesorado, representantes dos Concellos e Anpa.
Toda a comunidade educativa desexámosvos o mellor para o camiño que empezades agora.
 
Preme na imaxe para ver o vídeo:
 
 
 

Quérote +

 

Este curso 2017-2018 desenvolvimos o programa Quérote+ co alumnado de 3º de ESO, dentro do Plan Proxecta, a través das horas de titoría coa finalidade de:
- Crear un espazo libre de prexuizos onde mozos e mozas puideran levar a cabo un diálogo aberto sobre sexualidade e relacións interpersoais.
-Reflexionar sobre a vivencia da sexualidade na adolescencia, os roles, a imaxe da sexualidade no noso entorno.
-Identificar os mitos e actitudes asociadas ás relacións de parella e sobre o amor.
-Valorar a diversidade como fonte de enriquecimento persoal e social e como un aspecto favorecedor da convivencia nos centros educativos.
Este é o produto final, esperamos que vos guste e que vos faga pensar!!

Preme na imaxe para ver o vídeo:



 

I CONGRESO “ALIMÉNTATE BEN” MAIO 2018

 
O Venres, 4 de Maio de 2018, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, os nosos alumnos/as de 3º de Primaria e 1º de ESO, xunto coas profesoras Mercedes D. Sánchez  de Primaria e Mª Teresa Blanco de Secundaría, acudimos o I Congreso “ Aliméntate ben” como centro invitado, para expoñer o noso Proxecto Interdisciplinar conxunto: “ Canalico de cociña: Sabores de cores”, levado a cabo nas materias correspondentes de Primaria e Promoción de Estilos de vida saudable en Secundaria.
 
As nosas alumnas/os mostraron o magnifico traballo realizado durante todo o ano, nas súas correspondentes clases con Mercedes e Teresa, o resto dos centros participantes de toda Galicia, que tamén expoñían as súas experiencias.
 
Ademais de facer unha exposición oral, falando do Proxecto e mostrando vídeos e fotos, tamén elaboraron un stand, para a feira que no mesmo congreso se levou a cabo. No noso stand, que decoraron eles mesmos, con materias feitos polos alumnos/as de Primaria e axuda da profesora Mercedes, puxeron en práctica a elaboración de ricos zumes cardio-saudables, (os alumnos de 1º ESO e 3º de Primaria), elaborados no momento, que ofreceron o resto dos participantes , que visitaron o noso stand, para que os degustaran, explicándolles así mesmo, as propiedades das froitas empregadas e os beneficios dos zumes. Incluso, o Conselleiro de Educación e Sanidade, nos visitou e degustou  un dos nosos zumes.
 

 

A xornada transcorreu tamén, coa visita dos nosos alumnos/as os outros stands e tamén,  a realización de Obradoiros , onde por exemplo, aprendemos a diferenciar o peixe branco do azul, o fresco do que non, a traballar coa pirámide da alimentación, etc.
 

 

Despois de xantar, tamén houbo tempo para o lecer e a diversión e actividade física, xa que pola tarde, o noso alumnado de forma moi activa, tomou parte nas actividades físico-deportivas que se  fixeron, como: cardio-boxing, zumba, relevos por equipos, circuítos, etc. O noso alumnado deixou o “ noso pavillón moi alto!”.

 

 
Despois dunha xornada intensa e moi educativa, onde unha vez máis só temos que sentirnos orgullosos das nosas nenas e nenos, só nos queda darlle os parabéns polo traballo realizado, e agradecerlles a súa implicación e colaboración de parte das profes Mercedes e Teresa, que están moi orgullosas deles.

 

 

Cómo che gustaría que te traten?

 

 
O pasado 30 de maio Paloma, psicóloga de Asperga (Asociación Galega de Asperger) contou ao alumnado de 5º de primaria e de toda a ESO o que lles pasa as persoas con síndrome de Asperger:  teñen dificultades para expresar e identificar as emocións e para as relacións sociais, gustan da rutina e teñen unha intelixencia normal ou superior á media, entre outras cousas.
Para entender isto mellor, identificamos as nosas propias emocións e démonos conta de que a todos e a todas, teñamos ou non Asperger, gústanos que nos traten ben:
 
 

-      

Que me respecten.

-      

Que me respondan cando pregunto algo.

-      

Que non me traten como se fose invisible.

-      

Que se preocupen por min se me pasa algo.

-      

Que non me miren como se fose un “bicho raro”.

 

 

 

DEPORTE NÁUTICO: ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS ACUÁTICAS EN ARES 2018

O Xoves 10 de Maio en horario escolar, de 11:30 a 15:30 ,  dentro das actividades no medio natural e como parte dos contidos da U.D do mesmo nome contemplada para tódolos cursos na programación da materia e programadas   pola profesora Mª Teresa Blanco do Departamento de Educación Física e organizadas polo Concello de Monfero a través do seu coordinador de Deportes, como parte dunha proposta de Deporte Escolar Intermunicipal e coa participación  tamén do alumnado dos Institutos dos concellos de Ares e Mugardos, asistimos con todo o alumnado da ESO a unhas xornadas  de deporte náutico, no pobo de Ares.

As actividades realizadas na xornada de mañá, foron: Kayak, padelsurf, winsurf e vela, no peirao do Club Náutico Ría de Ares, onde todo o noso alumnado, por grupos, participou en tódalas actividades realizadas. O rematar a xornada deportiva, tivemos tempo de lecer para xantar, pasear e tomar algo polo fermoso pobo de Ares, para logo retornar o noso centro, a tempo para a saída para casa.

 

 

 

 

 

HOMENAXE DE DESPEDIDA A ÁLVARO E MARISA

 

 
No camiño da vida hai un lugar e un tempo para cada cousa, e polo propio desenvolvemento desta hai ciclos que se pechan, camiños que conclúen e outros que se inician. E hoxe de xeito moi especial queremos deternos nunha parte da nosa historia para agradecer e honrar o paso de Álvaro e Marisa que se despiden, deste o noso cole porque lles chegou a hora da xubilación. E que é a xubilación, pois a palabra xubilación ven de xúbilo, alegría, gozo que se experimenta cando fixemos  con dedicación e empeño unha acción, a de traballar con letras maiusculas. Todos desexamos que este descanso conquistado se convirta nunha nova etapa de paz e de maior liberdade para dedicarvos á construcción dun novo proxecto persoal. Non é fácil despedirse de dúas persoas como Álvaro e Marisa, pero é unha enorme satisfacción ter sido parte desta a súa historia. Sabemos que este non é un adeus, senón un ata logo e entusiásmanos saber  que sempre contaremos con vós. Por iso dicímoslles ata pronto. O cafeiño sempre estará listo, presto a recibirvos xunto a todos os que formamos a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela, o voso cole.
 
                                                          Con todo o noso cariño.
 
 
VÍDEO DESPEDIDA

                 

O alumnado de música de 3º e 4º da ESO agasallou a Älvaro e Marisa con esta interpretación da canción "O son do ar" de Luar na Lubre.
 

                 

 

 

 
 

 

 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut