Skip to Content

I CONGRESO “ALIMÉNTATE BEN” MAIO 2018

 
O Venres, 4 de Maio de 2018, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, os nosos alumnos/as de 3º de Primaria e 1º de ESO, xunto coas profesoras Mercedes D. Sánchez  de Primaria e Mª Teresa Blanco de Secundaría, acudimos o I Congreso “ Aliméntate ben” como centro invitado, para expoñer o noso Proxecto Interdisciplinar conxunto: “ Canalico de cociña: Sabores de cores”, levado a cabo nas materias correspondentes de Primaria e Promoción de Estilos de vida saudable en Secundaria.
 
As nosas alumnas/os mostraron o magnifico traballo realizado durante todo o ano, nas súas correspondentes clases con Mercedes e Teresa, o resto dos centros participantes de toda Galicia, que tamén expoñían as súas experiencias.
 
Ademais de facer unha exposición oral, falando do Proxecto e mostrando vídeos e fotos, tamén elaboraron un stand, para a feira que no mesmo congreso se levou a cabo. No noso stand, que decoraron eles mesmos, con materias feitos polos alumnos/as de Primaria e axuda da profesora Mercedes, puxeron en práctica a elaboración de ricos zumes cardio-saudables, (os alumnos de 1º ESO e 3º de Primaria), elaborados no momento, que ofreceron o resto dos participantes , que visitaron o noso stand, para que os degustaran, explicándolles así mesmo, as propiedades das froitas empregadas e os beneficios dos zumes. Incluso, o Conselleiro de Educación e Sanidade, nos visitou e degustou  un dos nosos zumes.
 

 

A xornada transcorreu tamén, coa visita dos nosos alumnos/as os outros stands e tamén,  a realización de Obradoiros , onde por exemplo, aprendemos a diferenciar o peixe branco do azul, o fresco do que non, a traballar coa pirámide da alimentación, etc.
 

 

Despois de xantar, tamén houbo tempo para o lecer e a diversión e actividade física, xa que pola tarde, o noso alumnado de forma moi activa, tomou parte nas actividades físico-deportivas que se  fixeron, como: cardio-boxing, zumba, relevos por equipos, circuítos, etc. O noso alumnado deixou o “ noso pavillón moi alto!”.

 

 
Despois dunha xornada intensa e moi educativa, onde unha vez máis só temos que sentirnos orgullosos das nosas nenas e nenos, só nos queda darlle os parabéns polo traballo realizado, e agradecerlles a súa implicación e colaboración de parte das profes Mercedes e Teresa, que están moi orgullosas deles.

 

 



page | by Dr. Radut