CROSS DE PORTAS- XOGADE

 

     O pasado 16 de novembro os alumnos/as de 5º, 6º e 1º, 2º de ESO disfrutamos do cross Xogade de Portas. O tempo acompañou e os resultados tamén. Pleno de victorias:

5º: 2º

6º: 1º

1º ESO: 1º

2º ESO: 1º

 

Noraboa aos nosos campións e campionas.

 

 

 

 

 

15 NOVEMBRO. DÍA MUNDIAL SEN ALCOL

11/15/2021 12:15
Africa/Addis Ababa

Hxe, celébrase o Día Mundial sen Alcol.

Para celebralo publicamos o manifesto que nos envían desde o Departamento de Conductas Adictivas do Concello de Cuntil.

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

11/08/2021 11:07
Africa/Addis Ababa

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Según o establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario de celebración de eleccións de membros dos consellos escolare de centros docentes sostidos con fondos públicos; convócanse eleccións ao consello escolar nos seguintes sectores:

-Representantes do profesorado

-Representantes do alumnado

-Representantes dos pais/nais/titores legais

-Representantes do PAS

Publicación dos correspondentes censos electorais dos diferentes sectores. Período de reclamación: do 8 ao 15 de novembro.

Prazo de presentación de candidaturas dos diferentes sectores: do 9 ao 16 de novembro.

En Moraña, 8 de novembro de 2021

A directora e Presidenta da Xunta Electoral

María Fernández Ferro

Horario do Club de Lectura

Estimadas familias,

A continuación presentámosvos o horario do Club de Lectura durante o curso 2021/2022.

                          

MENÚS COMEDOR NOVEMBRO E DECEMBRO

11/02/2021 14:35
Africa/Addis Ababa

Publicamos os menús de novembro e decembro: 

-Menú de novembro

 

-Menú de decembro

XOGOS OLÍMPICOS DO SAMAÍN

 

     Esta semana por mor do Samaín e do Magosto tivemos unha celebración moi especial, “ Os I Xogos Olímpicos do CPI Santa Lucía”.

Desexabamos volver a disfrutar de xogos ao aire libre en un ambiente lúdico, de felicidade, festivo e sempre con respeto e axudándonos uns aos outros.

 

É por esto que os nosos premios se centraron na inclusión, na aceptación dos demáis e nunha competencia sana.

Estamos moi orgullosos dos nosos nenos e nenas e do exemplo que dan cada vez que teñen ocasión.

Nestes vídeos, clica na imaxe inferiorverás unha pequena mostra do ben que o pasamos todos e todas.

 

 

Un saúdo

 

O equipo educativo do CPI Santa Lucía

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROCESO DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

10/25/2021 14:37
Africa/Addis Ababa

Comenza o proceso de renovación de membros do Consello Escolar do noso centro.

Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

O próximo venres, día 29 de outubro de 2021, terá lugar no salón de actos do noso centro o sorteo público polo que se constituirá a Xunta Electoral que levará a cabo dito proceso. Este sorteo terá lugar ás 10:30 horas.

A Xunta Electoral, unha vez constituida, concretará o calendario no que se levará a cabo esta renovación parcial do noso Consello Escolar.

A Xunta Electoral estará constituida, por:

-A directora

-Un pai/nai ou titor legal

-Un profesor/a

-Un representante do PAS

 

Moraña, 25 de outubro de 2021

CLUB DE LECTURA

                                                             

REUNIÓN ANPA

09/28/2021 10:09
Africa/Addis Ababa

Asemblea ANPA o día 1 de outubro ás 19:30.

Para obter información preme no seguinte enlace.

 

Reunión actividades

ANPA: Convocatoria asamblea xeral ordinaria

 

A continuación achegámosvos información da ANPA:

 

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO COLEXIO PUBLICO INTEGRADO PLURILINGÜE SANTA LUCIA DE MORAÑA

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocamos a todos os pais e nais de alumnos o próximo dia 24 de setembro  a unha Asamblea Xeral ordinaria, ás 19:30horas en primeira convocatoria, e ás 20:00horas en segunda convocatoria, no salón de actos do CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña.

Orde do día:

1.-Presentación de contas.
2.-Presentación de candidatos e candidatas para renovación dos membros da xunta directiva.
3.-Actividades extraescolares
4.-Rogos e preguntas.



Moraña, 9 de setembro de 2021

Powered by Drupal - Design by artinet