SUSPENSIÓN DE PARTE DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR por alerta AMARELA E LARANXA por nevadas os días 22 e 23 de marzo en Galicia

 

Queda suspendida unha parte do servizo de transporte escolar para o CPI Santa Lucía, para a recollida do alumnado no centro o mércores 22 de marzo ás 16.00h e nas paradas o xoves 23 de marzo ás 09.00h, ao estar decretada unha alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior de Pontevedra (entre outras).

IMPORTANTE: NON SE SUSPENDEN AS CLASES.

Pódese consultar máis información na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, http://www.edu.xunta.gal/portal/

Powered by Drupal - Design by artinet