Saltar navegación.
Inicio

Proceso de admisión de novo alumnado no centro para o curso 2021-2022

 Ábrese o proceso de admisión para novo alumnado no centro no curso 21-22

Prazo:  Presentará a solicitude de admisión o alumnado de novo ingreso que queira solicitar praza neste centro. A solicitude será única e o prazo de presentación será do 1 ao 22 de marzo.

Presentación de solicitudes:

1.- De forma electrónica:

- As solicitudes de admisión  cúbrense mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e entrégase no centro.

- Pódese cubrir na aplicación anterior e presentala en SEDE ELECTRÓNICA.

2.- De forma presencial: na secretaría do centro indicado como primeira opción.

Documentación a entregar:           

-   Solicitude de admisión: formulario normalizado (ED550B) dispoñible na secretaría do centro, na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web do centro.

-         Fotocopia do libro de familia onde figure o alumno/a.

-         D.N.I da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a consulta telemática de datos.

-         Certificado de empadroamento no caso de solicitar servizos complementarios.

-         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.

-         No caso de alumnado con necesidades específicas de apoio, documentación que acredite as circunstancias alegadas.

            A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos/as proxenitores/as, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

            No suposto de alumnado afectado por violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.

Publicación de admitidos/as:

- Listaxe provisional de admitidos e non admitidos: publicarase unica e exclusivamente no taboleiro do interior do centro e tamén a través da aplicación admisionalumnado, antes do 26 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

- Listaxe definitiva: 18 de maio.

 

 

 

Premio para a aula de 6º de Educación Infantil

A aula de sexto de Educación Infantil do noso centro, capitaneada pola súa profesora, Rocío, ven de gañar o primeiro premio na súa categoría do concurso Olla a Palabra do Día organizado polo Portal das palabras.

 Olla aquí o fallo dos premios no portal da lingua

  E aquí as palabras e os debuxos cos que ilustraron a semana do Samaín.

Noraboa a Rocío e á súa aula de grandes artistas!!

Distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria e Secundaria

O pasado venres 13 de novembro,  publicouse no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.

O alumnado destinatario será:

  •  Alumnado matriculado en educación primaria ou secundaria que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2020/21 (vale de 50€) (NON TEN QUE FACER NINGUNHA SOLICITUDE).
  • Alumnado matriculado en educación primaria que non fose beneficiario da dita axuda pero que cumpra algunha das seguintes condicións  (nestes casos terá que presentar solicitude):
  • Pertenza a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (tense en conta o exercicio fiscal 2018)
  • Estea matriculado/a en educación especial,
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
  • Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

A solicitude será única para todos os fillos/as que estean no mesmo centro docente e deberá entregarse presencialmente no colexio no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no DOG  (do 16 ao 27 de novembro) xunto coa documentación que se sinala na Orde.

 Ligazón á orde

 Ligazón ao impreso de solicitude

EDUCACIÓN SECUNDARIA. INICIO CURSO E REUNIÓNS COAS FAMILIAS

O INICIO das actividades lectivas na ESO para o curso 20/21 adíase nunha semana con respecto ao publicado na resolución do 1 de setembro de 2020 da que dabamos conta na semana pasada. Así o comezo das clases terá lugar nas seguintes datas:

 23 de setembro, mércores: 1º e 2º ESO

24 de setembro, xoves: 3º ESO

25 de setembro, venres: 4º ESO

 

Asimesmo manteñense as REUNIÓNS COAS FAMILIAS tal e como estaban previstas e se informou a través de Abalar:

15 de setembro, martes ás 11h: 1º ESO

15 de setembro, martes, ás 16:10h : 2º ESO

16 de setembro, mércores, ás 16:10h: 3º e 4º ESO

PUBLICACIÓN LISTAXES DE FONDOLIBROS DE SECUNDARIA

Están publicadas no taboleiro de entrada do colexio as listaxes de adxudicación de libros  de E. Secundaria.

Lembramos tamén que poden recoller os vales de material en secretaría. 

Os libros entregaranse ao alumnado o primeiro día de clase. 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE DE INICIO DE CURSO.

Prezadas familias:

 No CPI Fonte Díaz estamos adaptando a organización e o funcionamento do noso centro ás Instrucións publicadas con data do 31 de agosto no que se recollen medidas preventivas, colectivas e individuais que deben adoptarse dende o inicio do curso 20/21, tanto polo persoal docente e non docente como polo alumnado e as súas familias, co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio por COVID-19.

 Estamos elaborando o “Plan de adaptación á situación COVID-19” que será de aplicación no centro no curso 2020 – 21. Unha vez que este e outros documentos sexan aprobados polo Claustro e informado o Consello Escolar procederemos a publicalos na pax. web do centro.

 Mentres tanto adiantámoslles, na seguinte ligazón, información que deben coñecer ante o inminente inicio de curso.

Información de inicio de curso

 

 

INICIO DO CURSO ESCOLAR

O curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado. Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 serán os alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial. Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.

No que atinxe ao resto das ensinanzas non universitarias, o inicio de curso tamén se mantén para o 16 de setembro e de xeito gradual. Ese día volverán ás aulas os alumnos de 1º e 2º de ESO e os de 1º de Bacharelato, 1º de FP Media e 1º de FP Superior; o día 17 de setembro farano os de 3º de ESO, de 2º de Bacharelato, 2º de FP Media e 2º de FP Superior; e finalmente o día 18 incorporarase o alumnado de 4º de ESO, e todos os cursos de FP Básica.

Distribuir contido