Saltar navegación.
Inicio

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022 - 2023

As listaxes DEFINITIVAS de alumnado admitido para o curso 2022 - 2023 están expostas no taboleiro da entrada do centro.

Todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022 - 2023

As listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2022 - 2023 están expostas no taboleiro da entrada do centro. Todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio

BOLSAS DO MEC. Convocatoria xeral para o curso 2022/2023

 CONVOCATORIA DE BOLSAS DO MEC PARA CURSAR ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS.

Destinadas ao alumnado que neste curso (2021/2022) estén matriculados en 4º da ESO ou no último curso dos ciclos formativos de grao básico, sempre e cando para o vindeiro curso (2022/2023) teñan intención de matricularse en 1º de Bach, en Ciclos Formativos de FP básica ou de grao medio, estudos profesionais de Música ou Idiomas e desexen optar a unha bolsa deben cubrir a solicitude no prazo establecido do do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022.

As solicitudes deberán formalizarse na Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

https://sede.educacion.gob.es/portada.html

NORMATIVA DE AVALIACIÓN PARAS AS ETAPAS DE ED. PRIMARIA, ESO E BACHARELATO

Con data do 11 de febreiro publicouse no DOG a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria  e do bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria e Secundaria

 O pasado venres 12 de novembro,  publicouse no DOG a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.

O alumnado destinatario será:

  •  Alumnado matriculado en educación primaria ou secundaria que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2021/22(vale de 50€) (NON TEN QUE FACER NINGUNHA SOLICITUDE).
  • Alumnado matriculado en educación primaria e secundaria que non fose beneficiario da dita axuda pero que cumpra algunha das seguintes condicións  (nestes casos terá que presentar solicitude):
  • Pertenza a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (tense en conta o exercicio fiscal 2019)
  • Estea matriculado/a en educación especial,
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
  • Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

A solicitude será única para todos os fillos/as que estean no mesmo centro docente e deberá entregarse presencialmente no colexio no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no DOG  (do 15 ao 26 de novembro) xunto coa documentación que se sinala na Orde.

 Ligazón á orde

 Ligazón ao impreso de solicitude

ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR 2021

 

Ao longo do mes de novembro terá lugar a  celebración de eleccións de membros dos consellos escolares (renovación correspondente a 2020, aprazada no seu momento debido á situación de pandemia).

Nesta páxina poderanse consultar os distintos documentos que se vaian publicando: o calendario, as convocatorias e os impresos para a presentación de candidaturas, actas,...

Os censos de electores estarán expostos nos taboleiros do centro para a súa comprobación desde o día 3. O prazo para reclamacións aos censos remata o día 15 de novembro.

DOCUMENTOS

Eleccións dos membros do Consello Escolar

Sorteo e constitución da Xunta Electoral

Calendario Electoral Consello Escolar 2021

Convocatoria Nais_Pais

Convocatoria Alumnado

Convocatoria Profesorado

Convocatoria PAS

Modelos de  presentación de candidaturas.

Relación de candidaturas de Nais/Pais/Titores Legais

CIRCULAR FAMILIAS INICIO DO CURSO 2021 - 2022

No seguinte documento recóllese información relativa a organización e funcionamento do centro para o curso actual.

Distribuir contido