Saltar navegación.
Inicio

Distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria e Secundaria

 O pasado venres 12 de novembro,  publicouse no DOG a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.

O alumnado destinatario será:

  •  Alumnado matriculado en educación primaria ou secundaria que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2021/22(vale de 50€) (NON TEN QUE FACER NINGUNHA SOLICITUDE).
  • Alumnado matriculado en educación primaria e secundaria que non fose beneficiario da dita axuda pero que cumpra algunha das seguintes condicións  (nestes casos terá que presentar solicitude):
  • Pertenza a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (tense en conta o exercicio fiscal 2019)
  • Estea matriculado/a en educación especial,
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
  • Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

A solicitude será única para todos os fillos/as que estean no mesmo centro docente e deberá entregarse presencialmente no colexio no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no DOG  (do 15 ao 26 de novembro) xunto coa documentación que se sinala na Orde.

 Ligazón á orde

 Ligazón ao impreso de solicitude