Lingua Galega
"A memoria dos días" por Xian Rendo
Xian Rendo fai unha moi interesante entrevista onde poderedes ver como era a vida no Touro doutros tempos. Coñeceremos que se comía, como se divertían e cales eran os traballos dos que vivían. Tamén preguntará pola Guerra e tentará descubrir algunhas das súas consecuencias.
" A memoria dos días" por Ana Brea. Proxecto Terra.
Ana Brea realizou este estupendo vídeo onde podemos descubrir como viviron os nosos avós e avoas. Como foi a súa infancia? Que comían? Como se divertían? Que lendas lles contaban? Tamén habemos saber como se viviu a Guerra, que aconteceu no campo de concentración de Lavacolla ou quen era Foucellas. Descobre o teu pasado e faino con nós.
O galego e... Touro
A lingua galega son os ollos e o corazón desde o que os habitantes da Galiza vivimos e estamos no mundo.
E máis en Touro…
Aquí a lingua fai parte da terra, da auga e das árbores entre as que nos movemos. A lingua acompáñanos como a airexa da mañá ou o decorrer poderoso do Ulla. Nela xogan os nosos alumnos e nela se imparten a maior parte das nosas aulas.
EN GALEGO SOMOS...
Por iso o labor deste seminario debe procurar que os membros da comunidade educativa manteñan vivo o elo de transmisión da lingua de nais e pais a fillos.
Touro está en Galiza e os esforzos de todas e todos nós deben estar coordenados en asociacións que nos permitan manter vivo o tesouro da lingua.