Saltar navegación.
Inicio

O nome dos sitios

-----------------------------

O NOME DOS SITIOS 

A VOAR!!! 

Os galegos, sen sabelo, posuímos un tesouro incalculable. E é que somos un pobo que lle dá nome a calquera lugar… En Galiza as voltas dos camiños teñen nome, as fincas tamén, os penedos, os montes, os lugares, as chousas…Outros pobos non fan nada parecido. Pero o gran Tesouro dos galegos pode esmorecer. Porque os máis novos xa non lle chaman aos sitios polo seu nome… 

Para que iso non aconteza propoñémoste que voes… e lle poñas o nome aos lugares, fincas, camiños, eiras, lugares que coñezas ou che digan na casa.

 

 

  

 

 

Entra no Google Maps http://maps.google.es ou en no SiGPAC http://sigpac.mapa.es/fega/visor  localiza a túa casa e vai colocando os nomes desas fincas, lugares, penedos, etc que coñezas. Cólgao logo na sección de alumnos desta páxina…

 

 XA VES que voando terás salvado o tesouro das palabras!!!

 

 

 

Distribuir contido