Saltar navegación.
Inicio

Sección europea

Que é unha sección europea?

 

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven levando a cabo nos últimos anos o Plan Experimental de Seccións Europeas, destinado a potenciar a aprendizaxe de linguas estranxeiras nos centros de ensino non universitario.

A definición de Sección Europea que aparece na Orde do 10 de xuño de 2005 publicada no DOGA do 24 de xuño de 2005 é a seguinte: “Unha Sección Europea é a organización da ensinanza dunha materia non lingüística da educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, ou dun módulo de formación profesional, que se cursa de xeito bilingüe, en galego ou en castelán, segundo corresponda de acordo coa normativa vixente en materia de normalización lingüística e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea, que é impartido como área ou materia ao devandito grupo de alumnos e alumnas.

A súa finalidade é reforzar as aprendizaxes da lingua estranxeira a través da incorporación parcial do seu uso como vehículo de comunicación na materia ou módulo na que se desenvolve, así como a adquisición da terminoloxía específica.” .

No C.P.I. Fonte- Díaz de Touro, iniciouse este Plan Experimental de Sección Europea no curso 2002-2003 por iniciativa do Departamento de Música, e no curso 2003-2004 incorporouse o Departamento de Educación Física. Este plan lévase a cabo coa colaboración do departamento de inglés. Na actualidade estase a desenvolver nos cursos de segundo e terceiro da E.S.O.

Nos seguintes enderezos podedes atopar algúns dos contidos para 2º e 3º da ESO de  Música e Educación Física :

Música: http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/S_EUROPEAS/MUSIC/INDEX.htm

Educación física: http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/S_EUROPEAS/ED_FISICA2/index.htm

 

Viaxe a Londres (descarga o arquivo).

Distribuir contido