Saltar navegación.
Inicio

EDUCACIÓN SECUNDARIA. CALENDARIO DE SETEMBRO E MEDIDAS DE ACCESO AO CENTRO

EXAMES: Terán lugar os días 1, 2 e 3 de setembro, según calendario. Preme aquí

Partindo do “Protocolo de adaptación ao COVID” publicado pola Consellería e tendo en conta as características do noso colexio, todo o alumnado terá que ter en conta as seguintes medidas no acceso ao centro:

- A entrada será pola porta principal do colexio e a saída será pola porta da Biblioteca.

- Non se poderá acceder ao recinto escolar sen a máscara.

- Tanto na entrada do colexio como na propia aula do exame haberá dispensadores de xel para a limpeza de mans.

- Entre exames consecutivos procederase á desinfección das cadeiras utilizadas.

- Cada alumno/a debe traer o seu propio material necesario para a realización do exame, xa que non debe haber intercambio de ningún tipo de material. 

- Tamén nese momento debe entregar o libro da materia correspondente ao fondo solidario, se fose o caso. 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO: os mesmos días dos exames.

PUBLICACIÓN DE NOTAS: venres 4 de setembro ás 13h. 

RECLAMACIÓNS: luns 7 e martes 8 de setembro.

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA LIBROS FONDO: antes do 11 de setembro (enviarase nota por Abalar o día da publicación).

COMEZO CURSO 20/21: mércores 16 de setembro, en horario habitual (9.45h)

MATRÍCULA DE CUARTO DE EDUCACIÓN INFANTIL(3 ANOS) E NOVO ALUMNADO NO CENTRO

Os días  29 e 30 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 horas formalizará a matrícula todo o alumnado de cuarto de 4º de educación infantil e o alumnado novo no centro.

 Poden recoller o sobres cos impresos de matrícula na secretaría do centro.

EDUCACIÓN SECUNDARIA. MATRÍCULA E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO

Xuntamos nota relativa ao fin de curso para ESO:

NOTAS CURSO 19/20

Publicación: En  Abalar o día 22 de xuño ás 10 h.

Reclamacións: 48 h a partir do momento da publicación.

MATRÍCULA CURSO 20/21

TODO O ALUMNADO de ESO (aprobado ou suspenso) terá que formalizar matrícula agora en xuño, sempre para o curso seguinte ao que está cursando; no caso de que na avaliación de setembro se decidise que algún alumno/a tivese que repetir entregaráselle xunto co boletín de notas un novo impreso para modificar o entregado agora.

Os sobres de matrícula poderánse recoller no centro a partir do 22 de xuño e a formalización da matrícula coincidirá coas datas de devolución de libros do fondo.

DEVOLUCIÓN LIBROS TEXTO FONDO SOLIDARIO E LIBROS BIBLIOTECA

Hai que devolver os libros da biblioteca e o club de lectura que o alumnado tivera na casa e os libros de texto do fondo de todas as materias aprobadas en xuño (hai que lembrar devolver todos os volumes no caso de materias separadas por trimestres).

Os libros das materias suspensas devolveránse en setembro.

DATAS de devolución libros de fondo e formalización de matrícula curso seguinte:

2º e 3º ESO: días 22 e 23 de xuño en horario de 9:45 a 13:25h

1º e 4º ESO: día 25 de xuño de 9:45 a 13:25 h.

O alumnado de 6º que se matricule en 1º da ESO formalizará a matrícula o día 26 de xuño en horario de 9:45 a 13:25h

 

RESOLUCIÓN FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 20/21

Día 10 de xullo: publicación no colexio das listaxes provisionais de admitidos/as

Días 13 e 14 de xullo: presentación de reclamacións.

Día 14 de setembro: publicación da adxudicación definitiva.

FONDOLIBROS. DEVOLUCIÓN LIBROS E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA 2020/2021

 FONDOLIBROS. DEVOLUCIÓN LIBROS e RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA PARA O CURSO 2020/2021

 Estimadas  familias:

 Informamos que os próximos días  17 e 18  de xuño levaremos a cabo a recollida dos libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria  recibidos do  Fondolibrosno curso 2019/2020.

 Un membro de cada familia acudirá ao centro e entregaralle os libros á Titora do seu fillo/a que estará na aula e que será quen se encargue de rexistrar a súa devolución. Para evitar aglomeracións recolleremos: o mércores 17 de xuño os libros de 3º e 4º e xoves 18, os de 5º e 6º.

 Pregámoslle que  poñan especial coidado sobre todo naqueles libros que teñen 3 volumes,  un  para cada trimestre, posto que  a  falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario para o vindeiro curso  2020/2021.

 A resolución da convocatoria para o próximo curso será:

 -          19 de xuño: remata o prazo para a solicitude Fondolibros.

 -          10 de xullo: publicación da listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as  única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior da entrada do colexio.

 -          13 e 14 de xullo: presentación de reclamacións.

 -          17 de xullo: publicación da listaxe definitiva.

 -          3 e 4 de setembro: entrega de libros no Centro en horario de 10:00 a 13:00.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2020/21

Debido ás circunstancias actuais motivadas polo COVID-19, correspóndelle ao centro establecer o sistema e a fórmula máis axeitada para que o alumnado ou as familias acudan ao centro para facer os diversos trámites. Establecendo unhas quendas para a entrega da documentación.

A axudas asignaranse en función da renda per cápita correspondente ao exercicio fiscal 2018, que debe ser igual ou inferior a 10.000€, sendo requisito imprescindible ter devoltos os libros de texto do ano 2019/2020 (enviarase unha circular posterior cos días de recollida de libros). 

  • Fondo solidario de libros de texto: para 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria.

  • Axuda para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Ed. Primaria.

  • Axudas para adquirir material escolar:de 1º de E. Primaria a 4ºESO. Renda per cápita inferior ou igual a 6.000

A solicitude, unha por familia, poderá realizarse no centro (especificamos quendas) e tamén de maneira telemática, accedendo á aplicación Fondo Libros e a través da  Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 

Prazo de presentación de solicitudes, en horario de 10 a 13 horas:

  • Desde o dia 25 de maio ata o 29 de maio: 1º, 2º e 3º de Primaria
  • Desde o día 1 de xuño ata o 5 de xuño: 4º, 5º e 6º de Primaria
  • Desde o dia 8 de xuño ata o 12 de xuño: 1ºESO e 4ºESO
  • Desde o dia 15 de xuño ata o 19 de xuño: 2ºESO e 3ºESO

 

Documentación a presentar:

  • Anexos  I e II(descargar aquí) ou recoller no centro.
  • Libro de familia (orixinal e copia) sempre que autoricen a consulta telemática de datos.

Para máis información poden consultar a orde na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

 

Adaptación das programacións didácticas curso 19-20

Na seguinte ligazón poden acceder ás adaptacións das programacións didácticas dos distintos niveis e departamentos

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpifontediaz/node/1433

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO. SÓ PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO

REAPERTURA PRAZO DE ADMISIÓN ALUMNADO DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL, ED. PRIMARIA, ED. SECUNDARIA E BACHARELATO.

  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio, ambos incluídos.
  • Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 9 de xuño.
  • Publicación de listaxes definitivas: antes do 26 de xuño.
  • Prazo para formalización da matrícula en Ed. Infantil, Ed. Primaria, Ed. Secundaria e Bacharelato: do 1 ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de matrícula en Ed. Secundaria e Bacharelato: do 1 ao 10 de setembro.

Instrucións para o desenvolvemento da terceira avaliación.

 Recibidas por parte da Consellería as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre, destacamos:

  • Actividades do terceiro trimestre:
    • Na terceira avaliación o alumnado terá que realizar actividades telemáticas, tal e como se viñan realizando ata agora, que serán de entrega obrigatoria.

    • As actividades serán de reforzo ou ampliación dos contidos dados nos dous primeiros trimestres e de recuperación no caso de alumnado que teña algún deles suspensos.

    • Cada alumno/a terá que estar atento/a á forma particular que ten o profesorado das distintas materias de comunicarse con el.

  • Avaliación:
    • A avaliación final será en base ás notas obtidas na 1ª e 2ª avaliación e ás actividades de recuperación e reforzo realizadas na 3ª, que sempre beneficiarán ao alumno/a.

    • O alumnado que teña algunha ou as dúas primeiras avaliacións suspensas terá que poñer especial interese na realización e entrega das actividades de recuperación que se lle propoñan, para así conseguir unha avaliación positiva.
  • Promoción de curso e titulación:
    • En Ed. Infantil e Primaria: a decisión será adoptada de forma colexiada tendo en conta os criterios de promoción e tomando especialmente en consideración a información e o criterio do profesorado titor.
    • En Ed secundaria: Non hai un número de materias definidas, a decisión de promoción ou titulación será o resultado dunha decisión colexiada do profesorado que imparte clase no grupo en función das particularidades de cada alumno/a. Todo o alumnado que suspenda en xuño algunha materia debe presentarse á convocatoria de setembro. Se a promoción ao curso seguinte ten lugar con materias suspensas, o alumnado ten que cursalas no vindeiro curso 20-21 como materias pendentes seguindo os plans de recuperación que se lle indiquen.

 

Coa idea de que as familias teñan unha maneira rápida de saber cal é o medio que emprega o profesorado para comunicarse co alumnado no envío e recepción de tarefas, resolución de dúbidas, etc., engadimos a continuación dous arquivos nos que se recollen, por niveis e departamentos, as ferramentas empregadas a a tal fin polo profesorado.

 

Na seguinte ligazón teñen as instrucións completas enviadas pola Consellería: Instrucións_3_trimestre

Actividades para o alumnado

 Nestes días de incertezas convén que todos manteñamos a calma e prosigamos a nosa tarefa educativa coa máxima normalidade dentro da situación anómala na que nos encontramos. A formación, a adquisición de coñecementos, habilidades e competencias é a mellor garantía para enfrontarnos ao futuro.

Nesta táboa inclúense as ligazóns a todas as actividades que se lle propón ao alumnado por parte do profesorado. Como norma xeral, débese dedicar a cada materia o mesmo tempo que figura no horario de clase. En todo caso, convén seguir as indicacións que os profesores e profesoras inclúen nesas ligazón. A comunicación con eles e elas será, en primeiro lugar, a través do medio que vos indiquen nesas instrucións e, se non puidese ser, a través do correo do centro.

BLOG DA BIBLIOTECA

Nivel     

Preme na ligazón para acceder ás actividades           

Actualización/data

   Educación Infantil   Actividades Ed. Infantil    Inglés Primaria e Infantil     Música   Relixión  
   Educación Primaria                             
  1º Primeiro     
  2º Segundo           
  3º Terceiro        
  4º Cuarto             
  5º Quinto       
  6º Sexto             
  Inglés Ed.Infantil e Primaria  
  Música  
  Relixión
 
  Educación Física
   
   Ed. Secundaria               Departamento de Plástica e TIC
  Departamento de Lingua Castelá
  Departamento de Bioloxía Xeoloxía
  Departamento de Xeografía e Historia  
  Departamento de Lingua Inglesa. Primeiro SegundoTerceiroCuarto  
  Departamento de Lingua Francesa  
  Departamento de Educación Física  
  Departamento de Matemáticas  
  Departamento de Lingua Galega
  Departamento de Educación Musical: Música. Valores
  •  Correo electronico de contacto: musicayvalores.cpifontediaz@gmail.com (30/03/2020)

  Departamento de Física e Química  
  Departamento de Relixión
  Departamento de Tecnoloxía
  Departamento de Orientación
Distribuir contido