Celebracións

Día da Lingua Materna

O 21 de febreiro visitounos Ana Carreira para facer un contacontos con Infantil e Primaria.

 

Solsticio de inverno

No mes de xaneiro viñeron visitarnos residentes de San Vitorio para falarnos das diferentes tradicións relacionadas co solsticio de inverno, isto é, co Nadal e co Entroido. Este intercambio interxeracional foi moi satisfactorio para ambas partes.

SORTEO DUNHA CESTA DE NADAL - 2023

Hoxe no colexio sorteamos unha cesta de Nadal doada pola ANPA.

 

Non foi un sorteo ante notario pero cremos que ten a mesma validez. Mirade o vídeo a ver que vos parece.

 

E mirade o vídeo tamén se queredes coñecer ao gañador.

 

 

PONTE NAS ONDAS - NADAL de 2023

Este domingo día 24 emitimos o programa Ponte Nas Ondas:


ás doce da mañá en Radio As Nogais, 107 MHz e

ás tres da tarde en Siradio de Galicia, 107,4 MHz.


Todo elo emitido a través de internet en https://zeno.fm/radio/radio-galiza/


Máis detalles en www.radiogaliza.gal

25N

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Powered by Drupal - Design by artinet