Celebracións

FESTIVAL DE NADAL

O día 20 de decembro celebramos o Nadal, coa participación de alumnado, profesorado e familias. Temos tamén que agradecer a colaboración, como cada ano, da agrupación Airiños do Neira.

Aquí deixamos algunhas fotos:

FESTIVAL DE NADAL 2013

CPI LUÍS DÍAZ MORENO

 

 

COMEZARÁ ÁS 10:30h

EI 3 anos: Panxoliña “Aquí non é ben ruar”.

                        Baile dunha muiñeira.

EI 4-5 anos: Belén vivente.

                        Panxoliña: Aguinaldo.

KAMISHIBAI: “O Apalpador”

1º e 2º EP: Panxoliñas: “Los colores vamos al Portal”

                        “Xa me tardan estes magos”

2º EP: Christmas carol: “Round the Christmas tree”

5º EP: Panxoliña coa frauta: “La primera navidad”

            Poemas do nadal.

3º EP: Contos narrados.

4º EP: Panxoliña coa frauta e cantada “Jingle Bells”.

6º EP: Teatro “O boneco de neve que non tiña pés”

Actuación de Airiños do Neira

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o día consagrado polas Nacións Unidas á concienciación sobre a necesidade de pór fin á violencia contra mulleres e nenas de todo o mundo.

O alumnado de 4º de ESO propúxolle a súa titora facer uns lazos que repartirían entre todo o alumnado de Secundaria, ó tempo que lles explicarían o que representaban; finalmente, remataron o acto cun minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.


CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O venres, 8 de novembro, celebramos o magosto no CPI Luís Díaz Moreno. Aquí deixamos algunhas fotos:

LETRAS GALEGAS: FESTIVAL

Imaxes do festival das Letras Galegas, dedicado a Roberto Vidal Bolaño:

CHEGA O ENTROIDO

 

Programa  do Entroido 2013


- 11.30: Inicio

Educación Infantil: pitufos e pitufas

Primeiro Ciclo: os ananiños do bosque

Segundo Ciclo: coidamos a nosa saúde

Terceiro Ciclo: homenaxe ós pallasos da tele

 

- A partir das 12.40:

1º ESO: o abecé

2º ESO: a casa do pobre

3º ESO: personaxes

4º ESO: Blues Brothers


Un xurado decidirá cal é a comparsa gañadora.


Letras Galegas - 2024

O pasado xoves 16 de maio celebramos o día das letras galegas con música e uns obradoiros de regueifas centrados na figura da homenaxeada este ano 2024, Luísa Villalta.

Día da Muller: 8M

Branca Villares acudiu ao centro para celebrar o Día da Muller. Para isto, o alumnado levou a cabo a actividade Rap-Trap-Troupe, que consistiu na elaboración de composicións propias partindo de métrica da música tradicional (coplas, cuartetas,...).

Día de Rosalía de Castro - 2022-23

O 23 de febreiro, o alumnado de Primaria e Secundaria participou nunha actividade que consistiu na elaboración de poemas propios. O alumnado de Primaria tomou como base vocabulario de Cantares Gallegos e o de Secundaria partiu das coplas populares coas que a autora comeza a maior parte das composicións que integran o devandito libro.

Powered by Drupal - Design by artinet