Xa se pode consultar o calendario escolar deste curso 2024-25 no seguinte ENLACE.
LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS
EN ARQUIVOS ADXUNTOS TEDES AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025.
LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS
EN ARQUIVOS ADXUNTOS TEDES OS LISTADOS PROVISIONAIS DE FONDO LIBROS PARA O CURSO 2024-2025.
COMEDOR ESCOLAR 2024-2025
ABERTO O PRAZO PARA FACER A SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025 (ata o 26 de xullo de 2024). En arquivo adxunto tedes a vosa disposición os impresos.
TAMÉN ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE COMO COLABORADOR/A DE COMEDOR PARA O VINDEIRO CURSO (ata o 1 de setembro 2024).
A etapa da ESO
Familias, grazas a todas e todos por asistir á charla para pais e nais de 6º de primaria sobre a etapa da ESO, e aos que non puidestes vir, aquí tedes a guía onde se resumen as características mais importantes, materias que cursarán na etapa, avaliación e promoción, e os momentos nos que terán que tomar decisións sobre os seus estudos posteriores.
Guía ESO Baralla de Noa Varela
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
EN ARQUIVO ADXUNTO TEDES O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025.
Os maios - 2023-24
Celebramos os maios en Educación Infantil e en 1º e 2º da ESO. Dinamizou esta actividade Branca Villares.
Letras galegas - 2023-24
Festexamos as letras galegas regueifando, tocando e bailando, arredor da figura da autora homenaxeada neste curso, Luísa Villalta. Para dirixir esta celebración contamos coa axuda inestimable de Nuria Penas e Sara Marchena, da asociación Erre que erre. Recuncho da regueifa rabuda.
Tamén celebramos un festival que fixo as delicias das alí presentes.
|
|
Visita virtual ao Teatro da Zarzuela
Un ano máis, o alumnado de terceiro de ESO visita de xeito virtual o Teatro da Zarzuela da man de Francisco Prendes, coordinador das actividades didácticas deste teatro.