[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

Biblioteca

EXPOSICIÓN MENSUAL: EN DECEMBRO LEMBRAMOS A...

Cada mes, con motivo de diversas conmemoracións, organizamos unha pequena exposición das obras dalgúns autores e autoras relevantes no eido nacional e internacional.

No mes de decembro lembramos a Álvaro Cunqueiro, Berta Dávila, Robert Louis Stevenson e Cornelia Funke.

expo

expo

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

En colaboración co profesorado de quinto e sexto de Educación Primaria organizouse un concurso de relatos de terror no primeiro trimestre, con motivo da celebración do Samaín.

Velaquí as fotos dos gañadores.

relatosterror

relatosterror

 relatosterror

PRIMEIRO ENCONTRO COS PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA

Seguindo coa actividade iniciada o curso pasado, os padriños e madriñas de lectura dos cursos superiores de Educación Primaria desfrutaron de varios recreos léndolles contos aos seus afillados/as.

 apadriñamentos

apadriñamentos

apadriñamentos

apadriñamentos

apadriñamentos

apadriñamentos

apadriñamentos

apadriñamentos

apadriñamentos

apadriñamentos

LIBROPOLY

Continuando coa actividade de animación á lectura iniciada o curso pasado para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, este curso xogará ao Libropoly todo o alumnado da etapa.

Trátase dun itinerario lector cun formato lúdico que consiste no reto de ler e realizar fichas de lectura (e, voluntariamente, tamén vídeo-reseñas) dunha serie de libros, previamente seleccionados e expostos en distintos taboleiros do centro, que emula o clásico taboleiro do xogo Monopoly. Cada unha das fichas de lectura (e vídeo-reseñas) realizadas sobre calquera desas obras puntúa dous puntos a canxear na tómbola lectora á que asistirá o alumnado de Educación Primaria a finais de curso. Ademais, o alumnado que sexa capaz de rematar o taboleiro completo, gañará puntos extra. Ánimo a todos os xogadores/as e... ¡a polo reto!

libropoly

libropoly

libropoly

 

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA

Como cada curso, levamos a cabo xornadas de formación de usuarios na biblioteca co alumnado das tres etapas educativas.

formacionusuarios

formacionusuarios

formacionusuarios

formacionusuarios

formacionusuarios

formacionusuarios

NOVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE 2019/20

Como non podía ser doutro xeito, inauguramos a biblioteca cunha morea de libros novos.

novidades

novidades

novidades

novidades

novidades

novidades

novidades

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

¡A inauguración da biblioteca foi todo un éxito! Todos os alumnos e alumnas do centro estaban desexando ver a nova biblioteca.

inauguracion1

inauguracion2

inauguracion3

inauguracion4

inauguracion5

inauguracion6

inauguracion7

inauguracion7

inauguracion9

NOVA BIBLIOTECA

Despois de meses de traballo ¡por fin temos todo preparado para abrir a biblioteca!

No mes de xuño do curso pasado, comenzamos a recolocar moitos dos fondos documentais: movemos seccións completas, cambiamos a ubicación de moitas librarías, gardamos en caixas outras pequenas seccións agardando o novo mobiliario, deixamos todo ben cuberto para evitar que os libros se enchesen de po... Moitas horas de traballo nas que se implicaron moitos Axudantes de Biblioteca de quinto e sexto de Educación Primaria, para os que non temos suficientes palabras de agradecemento.

Durante as vacacións de verán ampliouse a biblioteca facendo uso dunha das aulas contiguas e en setembro, de novo, un traballo inxente para recolocar mobles, librarías, mercar e montar o novo mobiliario e ordenar miles e miles de libros, películas e outros materiais.

Traballamos contra o reloxo para poder abrir a biblioteca a primeira semana de novembro, pero o esforzo pagou a pena.

novabiblio1

novabiblio2

novabiblio3

Distribuir contido