[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46

Biblioteca

DIA DE ROSALÍA

Celebramos o Día de Rosalía de Castro coa audición de poemas da padronesa interpretados pola soprano de orixe lousamiá, Esperanza Mara.

              

 

     Asistiron os alumnos de 6º de primaria e 1º e 2º de ESO.  Algúns deles homenaxearon a nosa poeta lendo poemas seus.

                      .

                           

Á sesión fomos convidados polo concello de Lousame.

Moitas grazas!!!

EXPOSICIÓN CON MOTIVO DE SAN VALENTÍN: "CITA A CEGAS CUN LIBRO"

Velaquí unha pequena mostra fotográfica da exposición "Cita a cegas cun libro" que fixemos na nosa Biblioteca.

Cita a cegas cun libro

 

Cita a cegas cun libro

Cita a cegas cun libro

 

PROXIMAMENTE NA NOSA BIBLIOTECA...

Cita a cegas cun libro

Atopa o teu próximo amor literario.

Cita a cegas cun libro

Podes ver o avance da exposición aquí.

DRAMATIZACIÓN DA OBRA "NEGROS E BRANCOS"

Negros e brancos

O alumnado de 6ºA de Educación Primaria vén de escenificar a obra "Negros e brancos", de David McKee para oa alumnado de Educación Infantil, con motivo da celebración do Día Internacional da Paz.

 Dramatización negros e brancos

Podes ver o resto das imaxes aquí.

EXPOSICIÓN: "LECTURAS POLA PAZ"

Lecturas pola paz

Achégate á Biblioteca para ver a exposición de libros sobre a paz que temos preparada.

paz

PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA - Primeira xuntanza

E... ¡por fin tivo lugar a primeira xuntanza dos padriños e madriñas de lectura cos seus afillados/as! Todos estabas moi emocionados e pasaron un recreo moi divertido xuntos.

 Apadriñamentos 1

Podes ver máis imaxes aquí.

PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA

Moitos estudantes de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria apadriñaron a alumnos e alumnas de Educación Infantil este curso e, cada mes, compartirán patio de recreo para pasar momentos agradables e divertidos arredor da lectura.

Padriños e madriñas de lectura

Podes ver todas as imaxes do día da presentación aquí.

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS: "O SISTEMA SOLAR"

Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas do Sistema Solar e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de primeiro e segundo de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca sobre astronomía. Os pequenos estiveron moi atentos ás explicacións, preguntaron moitas dúbidas e disfrutaron moito da actividade.

 Exposición sistema solar

Podes ver as imaxes da exposición aquí.

Distribuir contido