[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Biblioteca

DÍA DO LIBRO 2019

Co gallo do Día Internacional do Libro 2019, celebrado o 23 de abril, unha das actividades que se organizaron dende a biblioteca, coa colaboración do profesorado de quinto e sexto de Educación Primaria, foi unha lectura da obra Don Quijote de la Mancha, na que participaron os alumnos e alumnas deses dous niveis de Educación Primaria. 

Hugo

CONCURSO DE CÓMIC PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

En colaboración co profesorado de quinto e sexto de Educación Primaria organizouse un concurso de cómic no terceiro trimestre.

Velaquí as imaxes dos gañadores. 

Marta

 

Alba

Marcos

Jorge

CONCURSO DE CARTEIS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Dende a biblioteca organizamos un concurso de elaboración de carteis de animación á lectura para todo o alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. O premio para o alumno/a gañador de cada nivel consistiu nun carné especial que permite o empréstito de máis libros e tamén fondos audiovisuais. Os participantes presentaron carteis moi orixinais, como os que podedes ver nas imaxes a continuación. 

carteis animación á lectura 1 

 carteis animación á lectura 2

Mara

carteis animación á lectura 3

Aleixa

carteis animación á lectura 4

Ágata

LIBROPOLY

En colaboración co profesorado de quinto e sexto de Educación Primaria deseñouse a principio de curso un itinerario lector cun formato lúdico, o Libropoly, que consiste no reto de ler e realizar fichas de lectura (e, voluntariamente, tamén vídeo-reseñas) de vinte libros previamente seleccionados e expostos nun gran taboleiro que emula o clásico taboleiro do xogo Monopoly. Cada unha das fichas de lectura (e vídeo-reseñas) realizadas sobre calquera desas obras puntúa dous puntos a canxear na tómbola lectora que eses dous niveis de dita etapa realizan a última semana do mes de maio. Ademais, o alumnado que sexa capaz de rematar o taboleiro completo, gañará dez puntos extra. ¡Ánimo a todos/as os xogadores/as! ¡Xa queda pouquiño para terminar o reto! 

libropoly

CONCURSO DE POESÍA PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

En colaboración co profesorado de quinto e sexto de Educación Primaria organizouse un concurso de poesía no segundo trimestre, con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía.

Velaquí as fotos dos gañadores.

 poesía1

poesía2

poesía3

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE POESÍA: "CADA DÍA, UNHA POESÍA"

cada día unha poesía

No mes de marzo, con motivo do Día Mundial da Poesía, realizamos unha exposición de libros de poesía. 

expo poesía 1

 

expo poesía 2

expo poesía 3

MOCHILAS CARGADAS DE NOVIDADES

Os axudantes de biblioteca de quinto e sexto de Educación Primaria, organizamos visitas a todas as aulas desta etapa cunha “mochila de novidades”, amosándolles aos compañeiros/as doutras aulas as novas adquisicións que estarían dispoñibles na nosa biblioteca proximamente para invitar e incentivar ao alumnado a vir á biblioteca a coñecer novos fondos documentais.

novidades

 

ENCONTRO CON MARÍA SOLAR EN COMPOSTELA

Hoxe 25 de febreiro o alumnado de 3º de ESO asistiu en Compostela a unha charla-conferencia de María Solar e dúas científicas do CSIC, Marta e Isabel.

As científicas falaron sobre os virus e a importancia de vacinarnos para non contraermos certas enfermidades.

 

María Solar, sobre a súa novela, Os nenos da varíola.

Distribuir contido