[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

Infantil C

EXPERIMENTO 2: DEBUXO BAILÓN.

Preme na imaxe.

Primeiro paso: debuxar nun prato con rotulador para lousa branca.

Segundo paso: engadir auga, pouco a pouco no prato.

Terceiro paso: observar como o debuxo "despégase" do fondo.

EXPERIMENTO 1: AS FLORES FLORECEN.

Prema na imaxe.

QUE FROITA É?

ADIVIÑA A PALABRA.

O DÍA DA PAZ.

Clica na imaxe para ver o vídeo.

 

A obra de Van Gogh vista polo alumnado de Infantil C. Proxecto de solidariedade

Os alumnos e alumnas de Infantil C (aula de 5 anos) estiveron traballando durante o primeiro trimestre un proxecto sobre VAN GOGH, pero ademáis de coñecer moitas cousas sobre este artista e a súa obra, pensaron en ir máis aló e empregar todo o aprendido para axudar a quen máis o precisa.

Foi así como cada un dos nenos e nenas da aula, representou nun cadro distintas obras representativas de VAN GOGH, e cando xa estaban todos rematados, pensaron en facer unha exposición e posterior venta aberta a todo o centro.

O éxito da exposición foi tremendo e así conseguiron vender tódolos seus cadros. Cós cartos recaudados colaboraron coa asociación KIMOKAP-Galicia, unha asociación que pide a colaboración da xente con teas coas que confeccionan gorriños para os nenos e nenas que están pasando pola  terrible enfermidade do cancro.

O alumnado de Infantil C, solidarizado coa causa tan fermosa que apoian dende KIMOKAP, pensou en mercar distintas teas cós cartos recaudados a través da exposición de cadros, e así foi.

Este Nadal xa se fixo o envío das teas para dita asociación, xunto cun debuxo propio de cada un dos nenos de Infantil C, os cales van a acompañar a cada gorriño que se confeccione coas teas mercadas.

Grazas a todos os que participáchedes na compra dos cadros e parabéns a estes pequenos artistas e á súa profesora Rita pola súa implicación  neste proxecto.

Aquí vos deixamos unhas fotografías do traballo e dos seus autores:

 

 

             

                                   

 

Distribuir contido