[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46

Infantil B

SENTENCIAS

Están falando da morte e dos avós cando Candela afirma: Uno de mis abuelos está en el Cielo como el de Iván.

Roi, moi serio e acompañando a expresión coa man, responde: Candela, dise morreu.

 

AVISO

Paula ten tres anos e o primeiro día de curso preguntoulle a Ana se podía pintar un debuxo. Ana deixoulle e ela afirmou:

"Yo no me salgo.. eh!"

A ENQUISA.O RATO TAMÉN OPINA

Cando se repartiron as enquisas sobre a lingua, as nenas e nenos de infantil B quixeron saber se ese papel era outra vez a autorización para a excursión a Cerceda que a ANPA vai levar a cabo nos vindeiros días. Cando Ana  dixo que non que era unha folla onde se lles facían preguntas as familias.<>Preguntas de que?

QUEN É DO BARÇA

Ao día seguinte de que o Barcelona gañase a Copa de Europa, Ana chegou a clase e preguntou:

Quen é do Barça?

Pablo moi contento respondeu: eu son do Barça.

Nese momento desatouse unha euforia colectiva onde todo o mundo aseguraba ser do Barça e incluso había quen dicía que era do Madrid e máis do Barça.

O PEN DRIVE

Neste terceiro trimestre, as nenas e nenos de Infantil B estamos a desenvolver un proxceto  sobre os volcáns. Na primeira fase dese traballo as familias recibiron unha carta que as invitaba a investigar cos seus fillos e fillas onde atopar información sobre o tema. O resultado foi extraordinario porque case que todos os nenos e nenas aportaron cousas: revistas, fotocopias, libros, dvds, información baixada da internet, etc.

Hai que destacar dúas achegas que mereceron a miña atención:

A AUTOESTIMA

Un día Roi achegouse a Ana na biblioteca da aula e cun pequeno libro na man, que se titulaba "Elmer y los colores"  díxo:

-Queres que te lea un conto en chino?

Ana respondeu que por suposto e Roi colleu unha das cadeiras amarelas, achegouse a ela e abriu o libro, pero quedou calado e pensativo. Ao pouco, comentou:

-Outro día léocho en chino vale? hoxe mellor en galego.

"PORFA LE CONNOSCO"

O pasado curso, levouse a cabo unha experiencia de lectura compartida, na aula de Infantil B. O seu título era "Porfa le connosco". Tratouse de que o grupo de nenas e nenos da aula, todos/as de 5 anos, organizaran unha actividade de dúas sesións de lectura semanais a cargo de diferentes lectores e lectoras de distintos ámbitos: familiar, escolar, literario...

CASIMIRO

Eu son Casimiro, o rato que vive na aula de Infantil B. Levo moito tempo nela e non penso marchar nunca. Moitos nenos e nenas que pasaron por esa clase nos últimos anos, seguro que se acordan ben de min. 

É moi difícil verme porque sempre procuro estar ben agochadiño. Tede en conta que son pequeno e pode pisarme calquera nun descoido. 

Distribuir contido