[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Infantil B

FONDO FORMA

Difernciar o fondo da forma pode resultar estéticamente interesante. Nestes debuxos podedes ver como somos quen (case que todos) de facer resaltar a imaxe do fondo de forma sinxela

POEMA DE INVERNO

A PORTA DA NOSA CLASE CAMBIA CON CADA ESTACIÓN DO ANO. A ÁRBORE QUE FIXEMOS AO COMEZO DO CURSO ESTÁ AGORA SEN FOLLAS PORQUE É INVERNO. NOVAMENTE UN POEMA DO LIBRO "AS CATRO ESTACIÓNS" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO SÉRVENOS PARA PENSAR NO INVERNO

UNHAS POMBAS NO TELLADO                              AS POMBIÑAS NO TELLADO

EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS AFRICANAS

Desde o día 11 de decembro ata o 18 teremos aberta a exposición das máscaras africanas. Están vindo a vela moitos cursos de primaria. As nenas e nenos de infantil B contámoslles un montón de cousas que sabemos de África. Casimiro contounos no seu blog moitas cousas dos animais que veu no safari en Kenia e nós aprendémolas e agora contámosllas aos nenos e nenas que veñen ver a nosa exposición.

NADAL

Mirade que guai nos quedou a porta da clase con este Rei Mago. Copiamos a silueta de Aíxa e convertémola no Rei Baltasar. Escollemos este reui porque é o que ten no nome a letra B da nosa clase. A que mola!

10 ANOS DESPOIS

Neste mes de novembro cúmprense 10 anos da CATÁSTROFE DO PRESTIGE. Daquela, as nena e nenos do grupo B de Educación Infantil, fixemos o seguemento da noticia nos xornais. Lembro como vivenciabamos a diario a chegada de chapapote a máis e máis sitos da nosa costa. A indignación dos mariñeiros, os voluntarios de branco nas praias, os animais mortos... Lembro tamén as bandeiras de NUNCA MÁIS presentes no colexio, nas ventaniñas dos coches dos profes, nas fiestras das casas...

MÁSCARAS AFRICANAS

Casimiro está de viaxe en Kenia e mandounos unhas fotos de máscaras de diferentes países de África, para que as fixéramos e montáramos unha exposición. Quedaron chulísimas. Utilizamos bandexas de cartón, pasta de papel, plastelina, cordel, pintura...

Dentro duns días imos organizar a clase para que todo o mundo poda vir a velas. Esperamos que vos gusten.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 celébrase o día contra a violencia de xénero. Na clase de infantil B tamén nos sumamos á iniciativa de colocarnos un laciño violeta en sinal de protesta contra algo tan terrible como é a violencia que se exerce contra as mulleres.

Vimos un vídeo do conto de Adela Turín, titulado Arturo y Clementina, contado por Beatriz Montero.

SAMAÍN

A festa do Samaín marcaba o comezo do inverno e o novo ano celta. Tratábase dunha data considerada perigosa porque se crían que se abría unha porta entre o mundo dos vivos e o dos mortos. Os celtas colocaban unha vela nunha caveira e poñíana nos cruces dos camiños. Debía de dar moitísimo medo.

Distribuir contido