[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46

Infantil B

RATAS PELUDAS

Por se alguén non o sabe, todas as nenas e nenos que foron alumnas e alumnos de Infantil B son RATAS PELUDAS. Ana sempre lles chama así e a min gústame moito. En realidade é idea miña, non pensedes que todo se lle vai ocorrer a ela.
Como todo o mundo mundial sabe, a min encántanme os contos e cando alguén le eu quédome agochadiño na miña casa e escoito moi atento. Tamén me gustan os poemas. Os meus favoritos son os de Antonio García Teijeiro por iso na biblioteca da clase hai moitos libros que el escribeu.

MIÑA CASIÑA MEU LAR

Xa estou na miña casa de novo despois de pasar as miñas vacacións en Noruega. Estou moi contento porque seguro que as nenas e nenos de Infantil B, este curso,  van estudar moito e facer cousas moi chulas. Eu estarei atento para non perderme nada nadiña.

DEZ ANOS DESPOIS

Acaba de ser 11 de setembro, e volveu aparecer en todos os medios de comunicación imaxes do que sucedeu aquel día do ano 2001.

CORREO ELECTRÓNICO

Este curso Casimiro está de viaxe polo mundo e se comunica cos nenos e nenas de infantil B a través do correo electrónico. Eles/as aprenden como é o noso enderezo da nosa conta e ven proxectado na pantalla da clase como Ana teclea ese enderezo. O outro día preguntou que tiña que poñer no sito do contrasinal porque quería insistir en que se fixaran que era algo persoal e privado.

Ana dixo: Aquí que poño?

A resposta de Sara non deixou marxe ao posible erro:

Sara: "As bolitas"

 

AS NOVAS TECNOLOXÍAS

AS NOVAS TECNOLOXÍAS

DEBUXOS DAS AVOAS E OS AVÓS

DEBUXOS DAS AVOAS E OS AVÓS

EN CONFORME

Ramón non se portou moi ben o día que nos visitou o avó de Noa, e contestoulle mal a Sila. Ese día levou unha nota para que na súa casa souberan o que fixera.

Ao día seguinte portouse estupendamente e Ana mandoulle outra nota no caderno viaxeiro, esta vez positiva. Cando regresou o caderno á aula Ramón dixo: "Tengo que pedirle perdón a Sila por lo de el otro día", e foi á infantil A a facelo.

Cando regresou díxolle a Ana:

Ahora tengo que llevar una nota en conforme.

OS TRABALLOS

Este curso estamos recibindo as visitas das avoas e avós dos nenos e nenas. Veñen á aula e cóntannos cousas. Os dous primeiros falaron do seu traballo no mar, e o próximo en vir tamén é mariñeiro.

Ana preguntoulles aos pequenos: Todos os avós van ao mar?.

Roi: Non, o meu vai a un taller a Noia

Sheila: E o meu vai á taberna.

Roi: Sheila, a taberna no che é un traballo.

Distribuir contido