[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51

4º ESO

Stat Wars, o despertar dos datos

O pasado día 17 de novembro os alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados dos profesores Pilar Cobas Cajuso e Iván Folgueira Pérez acudiron á actividade Stat Wars, o despertar dos datos que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 

A idea da actividade era que os alumnos comprendesen un pouco mellor que é iso do Big Data e tamén coñecer os perigos que supón a cesión dos nosos datos ás redes sociais. Ademáis disto houbo unha parte lúdica cun par de concursos de preguntas e respostas. No primeiro deles participou o alumno de 4º de ESO Yeray Martínez Abeijón, como podedes ver nesta ligazón a partir do minuto 1:07. 

 

Na mesma ligazón podedes ver a segunda parte na que participaron os alumnos Marc Carnota Castaño, Saúl Caldas Rodríguez, Mateo Muñíz, Lorenzo Pouso Luaces e Alejandro Moledo León. Se vos desprazades no vídeo ata o minuto 1:37, poderedes ver a parte final dese concurso na que Alejandro se convertiu en gañador e recibiu como premio unha tablet.

Importante salientar o interesante que resultou a actividade é a boa actitude e resposta por parte de todos os nosos alumnos.

Despedímonos ao modo Stat Wars:

Que a forza dos datos vos acompañe!

AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SIRVEN PARA NADA

O pasado 8 de Marzo o alumnado de 6º de Primaria, 3º e 4º de secundaria xunto co profesorado tivemos a oportunidade de asistir á charla temática AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SERVEN PARA NADA dentro do ciclo de charlas "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que oferta a Universidade de Santiago aos centros educativos.

Nesta ocasión acompañounos Elena Vázquez Abal, profesora da Facultade de Matemáticas da USC, que ademais da súa labor docente e investigadora realiza unha importante labor divulgadora como podemos ver na súa páxina web: http://webspersoais.usc.es/persoais/elena.vazquez.abal/divulgacion/. Neste enlace podemos facernos unha idea da charla que disfrutamos no día da muller traballadora: https://vimeo.com/34773040. 

O alumnado e profesorado agradecemos á profesora Elena Vázquez Abal todo o que nos trasmitiu nesa sesión: gusto polas matemáticas, valores de superación e actitude positiva ante os retos vitais que nos podemos atopar. Por todo isto foi un gusto tela connosco ofrecéndonos unha fermosa lección matemático-vital.

Papa Franciso : ¿Cómo educar hoy?

Caligramas pola lingua

Comeza xa maio, o mes das letras, e mesturando a louvanza da lingua coa técnica literaria do caligrama que vimos ao longo do curso en Novoneyra, Manuel Antonio ou Luz Pozo Garza, elaboramos os nosos caligramas. Isto é unha pequena  mostra do que saíu:

LECTURAS OPTATIVAS PARA O 2º TRIMESTRE, 4º ESO LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

Estas son algunhas das nosas propostas coma lecturas optativas para este 2º trimestre.

DATAS DE EXAMES DO 2º TRIMESTRE DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

Estas son as datas previstas dos exames do 2º trimestre. Se houbera algún cambio, comunicarase con antelación aos alumnos.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 4º ESO LINGUA CASTELÁ E LITERATURA CURSO 2014-2015

Esta é a programación didáctica para este curso 2014-2015 de Lingua Castelá e Literatura.

Distribuir contido