[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. LISTAS PROVISIONAIS.

Nos arquivos adxuntos poderá acceder ás listas provisionais de admitidos e excluídos no Fondo provisional de libros de texto para o curso 2015-2016.


As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro os días 8 e 9 de xullo de 2015.



  • A lista definitiva de Educación Primaria publicarase o 15 de xullo de 2015.

  • A de Educación Secundaria Obrigatoria, o 15 de setembro de 2015.

LIBROS DE TEXTO 2015-2016

Nos arquivos adxuntos poderá acceder aos listados de libros de texto para o curso 2015-2016.

XA TEMOS PROGRAMA DE RADIO

 

Por fin... Risa e despois da visita de Alberto, da ida á rotativa d'O Correo Galego, da entrevista á nosa cociñeira e da venda de larpeiradas na nosa tenda MIMOS, obtivemos a nosa recompensa: UN PROGRAMA DE RADIO, onde o noso xornalista favorito, Alberto, nos entrevista a cada un de nós.

Escoitade, escoitade....

Poema loco

Esta semana na clase de lingua castelá estivemos traballando con poemas. Entón ocorreusenos facer un poema tolo.

A actividade consistía en que cada un de nós tiña que escribir un verso para elaborar o poema, pero había unha pequena dificultade, soamente podíamos ver o verso que escribiran xusto antes de que nos tocase, polo que non sabiamos como era o resto do poema.

CALCULAMOS ÁREAS E PERÍMETROS

Para aprender a calcular os perímetros e as áreas de polígonos utilizamos un tangram que fixemos nós mesmos.

O GALEGO E O MAR

Xa temos gañadores!!!!! Traballastes arreo nesta última parte do curso e conseguimos elaborar unhas fermosísimas RIMAS MARIÑEIRAS, tendo sempre en conta a defensa do noso ben máis preciado: a lingua.

 

Logo montamos as rimas gañadores enriba de fotografías dos traballos realizados sobre o mar durante o curso. Mirade para aí:

 
 

 

 

 

Parabéns aos cinco: Manuel, Mariña, Miriam, Nerea e Uxía.

Na vindeira semana, repartiremos os adhesivos coas vosas rimas a todo o alumnado do centro.

 

O RECUNCHO DO DEPORTISTA

Levamos un tempo pensando en inaugurar unha sección adiicada aos nosos alumnos que dunha maneira ou outra destacan nunha modalidade deportiva, por este motivo comeza hoxe está sección, que chamaremos O RECUNCHO DO DEPORTISTA na que amosaremos os pequenos logros que acadan os nosos alumnos no deporte que practican.

Imos adicar este primeiro número a uns deses alumnos deportistas que ultimamente non paran de cosechar éxitos, PABLO OLIVER IGLESIAS leva tempo regateando no seu optimist e ultimamente estanos acostumando a acadar moi bos resultados, o que o vai levar a participar a finais deste mes de xuño no campionato de España da súa especialidade que se vai celebrar en Santander.

Pablo Oliver, a pesar de su juventud, cuenta con diversos premios y dos subcampeonatos gallegos.

Para saber máis pincha nos seguintes enlaces:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2015/06/02/pablo-oliver-representara-galicia-nacional/0003_201506B2C10994.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2015/06/04/pequeno-gran-campeon/0003_201506B4C9991.htm

Bingo matemático

En 1º ESO puxemos en marcha un bingo matemático. O alumnado dispoñía duns cartóns, onde aparecían operacións matemáticas cuxo resultado debían comprobar que coincidise co número extraído polo profesor/a. Foron varias clases nas que traballamos o cálculo mental e na que a rapidez se convertiu nun factor clave.

Deixamos unha mostra destes cartóns tan curiosos.

 

Distribuir contido