Traballamos a descripción de persoas

Ao longo do segundo trimestre, para a mellora da expresión escrita e da expresión oral, levamos a cabo diversos xogos e actividades nas que o alumnado de 5ºB debía compartir as súas emocións e ideas aos demáis.

Unha desas dinámicas foi o xogo Son mellor do que pensaba! no que os nenos e nenas se tiñan que mover ao son da música e, cando esta parase, obedecer á orde que a mestra lles aportaba (darse unha aperta en grupos de tres, agarrarse unha orella por parellas...). Ademáis debían escribir no corazón pegado ás costas de cada compañeiro/a unha pequena descripción falando das súas virtudes, de cousas boas que fan... que logo expuxeron ao resto da aula.

Pasárono de marabilla! E o mellor foi que descubriron moitas cousas boas deles mesmos/as das que non eran conscientes. Deste xeito desenvolvemos a Competencia Lingüística, as Competencias Sociais e Cívicas e a Competencia Artística mentes nos movíamos ao ritmo da música.

 

Actividade ''Son máis bo do que pensaba''

Actividade ''Son máis bo do que pensaba''

Matemáticas Manipulativas

No terceiro trimestre o alumnado de 5ºB mergullouse de fondo na xeometría a través das matemáticas manipulativas mediante a creación de poliedros realizados tanto con papel como con escarvadentes e plastilina.

 experiencia foi todo un éxito xa que de resultado obtivemos poliedros moi diversos e orixinais, algúns e algunhas chegaron ata a construír figuras unindo diversos poliedros. Deste xeito desenvolvemos a Competencia Matemática así como a Competencia Artística e Competencia en Sentido da Iniciativa e Espírito emprendedor, pois os discentes eran quenes pensaban primeiro as figuras, e logo construían, sendo cada vez máis conscientes da presenza dos mesmos na súas vidas cotiás.

 

.Deseñando poliedrosCreando poliedros

Coñecendo o Sistema Solar e a Vía Láctea

Coñecer o espazo, o que hai alá no ceo, lonxe da Terra, é algo que a todos nos causa curiosidade e misterio. Por iso, durante o primeiro trimestre o alumnado de 5ºB se adentrou no coñecemento do espazo, a Vía Láctea e o Sistema Solar, no que nos atopamos. Como resultado, cada rapaz e rapaza elaborou a súa propia maqueta, desenvolvendo así a Competencia Científica, a Competencia Artística e a Competencia en Comunicación Lingüística pois, tras rematar os seus traballos, visitaron as aulas de quinto e sexto curso de Educación Infantil para compartir con eles os coñecementos adquiridos e diversas aventuras sobre o espazo.  Maquetas do Sistema Solar realizadas polo alumnado de 5º de PrimariaMaqueta do Sistema Solar con luz ledAlumnado de 5ºB explicando ao alumnado de 5º e 6º de Infantil o Sistema Solar

CADEIRAS VERMELLAS

Este curso tamén colaboramos coa iniciativa "Sillas Rojas" que pretende dar visibilidade aos nenos en países que non teñen dereito a educación. Tratamos o tema na aula e logo cadaquen realizou un boceto da súa silla, elexiu o material e executouna. Estes foron os resultados.

Coñecendo a célula animal e a célula vexetal

Ao longo do primeiro trimestre o alumnado de 5ºB de Educación Primaria adentrouse no coñecemento da unidade máis pequena dun ser vivo: a célula animal e a célula vexetal, indagando nos seus compoñentes e o seu funcionamento. Como resultado, cada alumno e alumna realizou a súa propia maqueta, desenvolvendo así a Competencia Científica e a Competencia Artística, nun clima de diversión e aprendizaxe.Maquetas da célula animal e vexetal realizadas polo alumnado de 5ºB

 

AdxuntoTamaño
células.jpg332.34 KB

CONVIVIMOS E XOGAMOS

Ao longo do curso descubrimos novos xogos cos que traballamos a atención, o respecto das normas, a axuda aos compañeiros, a empatía e comprensión... Tamén colaboramos entre todos para realizar o noso propio xogo do memory!

 

 

 

 

 

 

INTERVENCIÓN EN PATIO INTERIOR PARA A SÚA MELLORA. ARTE E NATUREZA COMO EIXE TRANSFORMADOR

 O proxecto que presentamos trata de mellorar o patio interior anexo ao comedor e a un dos corredores do centro escolar. Trátase dun espazo que se foi degradando co paso do tempo e que é moi visible dada a súa localización. A intención é realizar un proxecto interdisciplinar no que o alumnado se vexa involucrado e identificado aportando as súas ideas e traballo para alcanzar unha mellora dese espazo. Para iso elaboramos un plan de actuación que se basea en tres fases de actuación:

 

- Reparación e mellora estética. O Concello de Lousame colabora no proxecto levando a cabo as seguintes actuacións: limpeza e pintado das paredes, colocación de lona e aportación de grava para uniformidade e mellora estética do chan.

- Intervención artística. Esta parte do traballo é levada a cabo polo alumnado matriculado na materia de valores éticos e con aportacións puntuais doutros alumnos e departamentos como Ed. Plástica, Tecnoloxía, Bioloxía. Consiste fundamentalmente na reutilización de cadeiras en mal estado que se atopan amoreadas no almacén do colexio. As cadeiras son obxectos cunha gran carga simbólica (cada cadeira=alumno/a) e serán o material principal da intervención. Pasarán por fase lixado, mecanización (elaboración de buratos para maceteiros) e lacado en cores.

 - Plantación. Manteranse os arbustos xa existentes e con maior porte (mata de herbaluisa, loureiro), transplantaranse aquelas prantas que admitan este proceso e plantaranse outras novas (aromáticas, froiteiras…) en diversos maceteiros. Esta parte é fundamental no proxecto pensando a longo prazo posto que sería ideal que participase alumnado de diferentes niveis educativos tanto na prantación, matemento e recolección. Recordamos que hai iniciado un proxecto de recollida selectiva do lixo no centro e a implantación dun composteiro do que se poderá extraer o compost para posteriores intervencións no patio.

 

EXPERIMENTANDO CON MESTURAS

Nesta actividade eleximos sustancias cas que nos apetecía experimentar, determinamos o material a utilizar e tomamos notas das nosas hipóteses. Despois de levar a cabo as mesturas, observamos se as nosas suposicións erna correctas ou non.

AdxuntoTamaño
IMG_1873_opt.jpg46 KB
IMG_1874_opt.jpg49.35 KB
IMG_1878_opt.jpg46.85 KB

ACTIVIDADES COA MESA DE LUZ

Os máis pequeniños traballamos dun xeito moi motivante utilizando unha mesa de luz. Enriba fixemos agrupacións con pedras de cores e as nosas creacións con figuras de xel.

 

 

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión