Responder ó comentario

INTERVENCIÓN EN PATIO INTERIOR PARA A SÚA MELLORA. ARTE E NATUREZA COMO EIXE TRANSFORMADOR

 O proxecto que presentamos trata de mellorar o patio interior anexo ao comedor e a un dos corredores do centro escolar. Trátase dun espazo que se foi degradando co paso do tempo e que é moi visible dada a súa localización. A intención é realizar un proxecto interdisciplinar no que o alumnado se vexa involucrado e identificado aportando as súas ideas e traballo para alcanzar unha mellora dese espazo. Para iso elaboramos un plan de actuación que se basea en tres fases de actuación:

 

- Reparación e mellora estética. O Concello de Lousame colabora no proxecto levando a cabo as seguintes actuacións: limpeza e pintado das paredes, colocación de lona e aportación de grava para uniformidade e mellora estética do chan.

- Intervención artística. Esta parte do traballo é levada a cabo polo alumnado matriculado na materia de valores éticos e con aportacións puntuais doutros alumnos e departamentos como Ed. Plástica, Tecnoloxía, Bioloxía. Consiste fundamentalmente na reutilización de cadeiras en mal estado que se atopan amoreadas no almacén do colexio. As cadeiras son obxectos cunha gran carga simbólica (cada cadeira=alumno/a) e serán o material principal da intervención. Pasarán por fase lixado, mecanización (elaboración de buratos para maceteiros) e lacado en cores.

 - Plantación. Manteranse os arbustos xa existentes e con maior porte (mata de herbaluisa, loureiro), transplantaranse aquelas prantas que admitan este proceso e plantaranse outras novas (aromáticas, froiteiras…) en diversos maceteiros. Esta parte é fundamental no proxecto pensando a longo prazo posto que sería ideal que participase alumnado de diferentes niveis educativos tanto na prantación, matemento e recolección. Recordamos que hai iniciado un proxecto de recollida selectiva do lixo no centro e a implantación dun composteiro do que se poderá extraer o compost para posteriores intervencións no patio.

 

Responder

Igualdade, Convivencia e Inclusión