Estudo da paisaxe.

Os alumnos/as de 3º da ESO elaboraron un estudo da paisaxe da contorna na que viven. Entendendo paisaxe como un concepto que integra realidades físicas e humanas, e que lles permite un coñecemento amplo da contorna. Partindo de imaxes tomadas polos propios alumnos/as fíxose o estudio da  zona.

 Do coñecemento da contorna obtivéronse as seguintes conclusións:

 

O bo de vivir en Lousame:

O medioambiente e a natureza

A tranquilidade, o silencio

O trato entre a xente

A cantidade de espazo dispoñible

Estar preto de outras vilas maiores

 

O malo de Lousame:

A carencia de servizos de todo tipo

As malas infraestructuras de comunicación e escaso mantemento

A falta de xente nova e a cantidade de xubilados

Os incendios

Ausencia de recollida selectiva de residuos

Falta de traballo

Xeografía da percepción.

Os alumnos de 1º ESO realizaron unha experiencia de xeografía da percepción creando o mapa da súa contorna. Comprobaron así como o espazo pode variar ou modificarse conforme a percepción que se ten del, que un mapa do mesmo sitio feito por diferentes persoas reflicte distintas realidades.

Algúns dos resultados:

1ºeso

CONTRATO PROGRAMA. LINGUA GALEGA 18/19

Durante o segundo trimestre deste curso e durante tres sesións do terceiro, @s alumn@s de 1º ESO estiveron traballando a poesía, actividade escollida para o Contrato Programa deste curso.

 

  Unha das ferramentas que utilizamos foi o poemario de Berta Davila A pel do mundo, da editorial Galaxia.

 

 Na aula fomos lendo e comentando o vocabulario, o contido e a forma na que estaban elaborados os textos deste poemario, ata que @s alumn@s se foron convertendo en auténticos creadores.

Amosamos máis imaxes do proceso:

 

 Tivemos que buscar unha temática común para crear versos. Estabamos en marzo, queriamos celebrar o Día Mundial da Poesía e mais o Día dos Bosques, polo que o alumnado decidiu escribir textos líricos co bosque e os seus habitantes como protagonistas, e acompañar os textos con ilustracións:

   

   Logo, propuxeron expoñer os seus traballos. Velaquí unhas imaxes:

 Ademais da competencia en comunicación lingüística (CCL), desenvolvemos todas as outras, incluída a CMCT: gravamos un vídeo cos poemas elaborados polo alumnado.

 

AdxuntoTamaño
Video Contrato Programa.mp4464.98 MB

Iniciándonos na química

O alumnado de 6º A foi ao laboratorio para traballar distintas propiedades da materia como: a densidade e o volume. Tamén traballaron as mezclas e a súa separación.

 

Reporteir@s moi curios@s

A nai dunha alumna visitounos para facerlle unha entrevista sobre o seu traballo. Aproveitando que estabamos traballando o tema das enerxías renovables, puidemos facerlle un gran número de preguntas sobre a enerxía eólica, da que é gran coñecedora.

RECICLAMOS PAPEL

Aproveitando que o alumnado de 3ºB estaba estudando as diferentes propiedades dos materiais, decidimos investigar acerca da elaboración do papel e da súa reciclaxe.

Como a mellor forma de aprender é experimentando, decidimos reciclar nós memos o papel que tíñamos na clase para reciclar. Foi unha experiencia moi lúdica e súper divertida.

Este foi o resultado...

  

 

A MIÑA HISTORIA PERSOAL

En 3ºB traballamos sobre a nosa historia persoal facendo unha liña do tempo.

Para elo fomos sinalando as datas importantes dende que nacemos e representámolas con debuxos, fotografías...

Finalmente expuxémolas diante dos nosos compañeiros. 

   

 

 

 

 

Taller de elaboración de iogures

Durante o segundo trimestre, o alumnado de 4° e 6° de infantil traballou a vaca. Entre outras actividades para achegarmos ao coñecemento dos produtos lácteos fixemos iogures. Para mostra, tedes na foto un equipo de cociñeiros de 4° de infantil. 

Taller de elaboración de iogures
AdxuntoTamaño
B66F8766-06C6-481A-A131-F13C8043BA79.jpeg424.23 KB
45E7C2C2-8932-490C-8EDD-081B22AD40BE.jpeg420.49 KB

Sementamos, coidamos e transplantamos

Durante este curso o alumnado de infantil está involucrado nun proxecto de horto escolar. No caso do alumnado de 3 anos, fomos os encargados de sementar e coidar os tomates cherries. Primeiro plantámolos, logo coidámolos e recentemente transplantámolos, levando cada neno e nena o seu tomate para a casa. 

Sementamos, coidamos e transplantamos
AdxuntoTamaño
B793B999-6B71-4EE9-ADA1-B7B43B158A50.jpeg900.72 KB

Reducir, reciclar e reutilizar

O alumnado de 4° de eso coa axuda de Lucía impartiu durante este mes de abril un obradoiro de reciclaxe ao alumnado de infantil. Os nenos e nenas explicáronlle a importancia das tres “R”, onde se tira cada tipo de residuo e tamén sobre a importancia de coidar o planeta. Aprenderon moitísimo!

Reducir, reciclar e reutilizar

Igualdade, Convivencia e Inclusión