Creamos vídeos educativos

O alumnado en pequeno grupo, organizouse e elaboraron  un vídeo educativo para os seus compañeiros. Tiveron que buscar, resumir, estruturar, organizar... información para poder conseguir un resultado que agradase a todos.

AdxuntoTamaño
Aparato circulatorio.MP458.89 MB
Aparato respiratorio.MP4115.53 MB
Aparato dixestivo.MP483.32 MB
video aparato excretor.mp426.35 MB

II Olimpiada matemática

 Volvemos celebrar a Olimpiada Matemática. Nela, ao igual que o curso anterior, o alumnado enfrontábanse por equipos, en distintas estacións, desenvolvendo diferentes problemas e xogos matemáticos para os que tiñan que poñer en práctica os diferentes contidos estudados na aula (números enteiros, números fraccionarios, números decimais, unidades de medida, xeometría...). A actividade resultou moi dinámica e divertida.

 

yle="text-align: center;"> 

Economía circular

Aproveitando que o día da Terra é o 5 de xuño o alumnado de 6º recibiu unha charla sobre economía circular; aprendendo o que significa ese termo e a importancia de realizar un consumo responsable.

A oca dos números enteiros

Empregamos un taboleiro tradicional da oca para xogar usando números enteiros. Tiñamos un dado normal e outro cos signos de suma e resta. Coa tirada tíñase que avanzar ou retroceder segundo o que tocase.

Fake news

Tras o estudo da noticia e ver as súas partes, creamos as nosas noticias a partir de titulares falsos. Unha actividade que proporciounou noticias moi divertidas.

 

Números positivos e negativos

Usamos os espazos do centro para traballar as matemáticas. Nesta ocasión usamos a escaleiras do centro para traballar os números positivos e negativos. Tiñamos tres montóns de cartas no descanso das escaleiras e debíamos escoller unha de cada montón, despois debíamos resolver a operación e ir ao chanzo que se correspondese co resultado da operación.

Día da Muller

O 8 de marzo o alumnado de 6º curso realizou un mural colaborativo para celebrar o día da Muller.

 

Vea artística

Aproveitamos o Entroido para facer unha obra de teatro con tod@as as personaxes das que nos disfrazamos. Cada un tiña adquirida unha responsabilidade para que todo funcionase. 

Saída a Naturmaz

Día de convivencia en Naturmaz onde todo o alumnado participou nas distintas actividades ofertadas. Realizaron actividades como: tiro con arco, escalada, busca do tesouro... 

Para poder realizar algunha das actividades era necesario o traballo en equipo, para así conseguir o obxectivo marcado.

 

TÓMBOLA LECTORA DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Despois de ler unha morea de libros durante todo o curso e facer as fichas de lectura e/ou vídeo-reseñas deles, de participar nos certames literarios e incluso, algúns deles, de superar o ambicioso reto do Libropoly, o alumnado dos cursos superiores de Educación Primaria desfrutaron enormemente da Tómbola Lectora.

tómbola

Igualdade, Convivencia e Inclusión