Xa temos colgada a exposición das Letras Galegas 2018.
E tamén as planas de banda deseñada sobre a biografía de María Victoria Moreno para o concurso. Xa pasaches a velas? Rat non quixo perdelo e xa andou por alí esta mañá...
Podes ver tamén a adaptación a banda deseñada do conto de María Victoria Moreno "O Grumete" que fixo o alumnado de 1°A
E na parede de fóra o graffitti de María Victoria Moreno
Lía Devesa Oróns, de 3º da ESO, foi a gañadora do concurso de logotipos para a nosa radio, que como xa sabedes, leva o nome da nosa querida mascota RAT.
Aquí tedes o enlace ao formulario para a avaliación. Grazas por participar, xa sabedes que a vosa opinión é moi importante.
https://goo.gl/forms/AQNXgpSHLzUsTtkx1
Pinchando nesta ligazón accederás ao formulario para a avaliación anual. Lembra que a participación é primordial. Grazas!
https://goo.gl/forms/lUiY8kDf3ZS2cSn82
Encantados e encantadas quedamos tras a visita de Ledicia Costas, que nos falou do proceso creativo das súas obras e compartiu impresións cos lectores e lectoras, dedicoulles exemplares, deulles consellos para comezar no mundo literario...
O voluntariado de biblioteca de 1 ESO, ademais de presentala, entrevistouna en Radio Rat para o seu programa Biblionovas do voluntariado.
Premendo na foto inferior podes ver máis imaxes da actividade.
Dentro do programa do MEC "Leer da vidas extra", polo que os autores e autoras visitan centros de Secundaria, Ledicia Costas estará mañá cos seus lectores e lectoras do CPI P. Cabo da Area.
Acompañarannos tamén algúns dos alumnos e alumnas do CPI As Revoltas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »