Skip to Content


Na Semana Cultural desenvolvemos sendos talleres de papiroflexia, impartidos por Teresa Otero e Sandra Villar, a favor de Implicadas no Desenvolvemento.



A biblioteca recibiu a Cristina López Villar, profesora de Historia do Deporte na UDC, que veu presentarnos o seu último libro Pioneiras do Deporte en Galicia, unha investigación sobre a presenza feminina no deporte a finais do S.XIX e comezos do S.XX, que xa tedes listo para o préstamo na nosa biblioteca.

Foi presentada pola nosa voluntaria de biblioteca Paula e posteriormente entrevistada por Lucía para a radio escolar.



Dentro das actividades que acolleu a biblioteca na Semana Cultural, recibimos a Javier, membro do equipo de Protección Civil que elimina a avespa asiática do Concello, quen, a petición da Asociación Medioambiental Contramínate, veu explicarnos que debemos facer en caso de atoparnos cun destes niños.



Se che gusta ler libros de temas científicos bota unha ollada aos máis de cen títulos do catálogo en:

www.librosmaravillosos.com

 



YPremendo sobre os caligramas poderedes descargar a guía da segunda avaliación da ESO.

 



No primeiro día da Semana cultural a biblioteca acolleu pola mañá unha charla de Víctor de Mira sobre os premios FOUCIÑO e pola tarde un pase de curtas feitas por ex-alumnado do centro.



Dentro das actividades da Semana Cultural o Voluntariado de biblioteca da ESO foi ler co Kamishibai "Imagine", en galego-castelán-inglés, acompañados por música de ukelele e o contiño de Kiko da Silva "Que contan as ovellas para durmir?"

 



Dentro das actividades do mes de marzo, o equipo da biblioteca de primaria preparou co alumnado este Mapa de mulleres galegas por concellos.

Distribuir contido


by Dr. Radut