Skip to Content

Club de Ciencias

"Magnetismo" (1 trimestre)

A visualización das liñas dun campo magnético, a xeración deste, así como a observación das correntes de Foucault, o péndulo de Curie e a desviación da agulla dun compás na presencia dun imán foron algúns dos aspectos que aprendemos neste curioso experimento de magnetismo.

 

"Makey Makey" (1 trimestre)

Tamén no primeiro trimestre o Club de Ciencias experimentou cunha placa informática e outros utensilios para crear un circuito pechado que servira como teclado para o noso ordenador.

"Foguetes de auga" (1 trimestre)

A rapazada do Club de Ciencias fixo no primeiro trimestre o experimento chamado "Foguetes de auga", cuxo obxectivo é comprender o tiro parabólico e introducir a forza de rozamento do aire.

 

Xa temos eslogan e icona do Club de Ciencias!

Uxía Toja (de 3ºESO) e Santi González (de 1ºESO) foron os gañadores do certame convocado en decembro para atopar un eslogan e unha icona axeitada para o noso recén creado Club de Ciencias! Parabéns aos dous!

Distribuir contido


by Dr. Radut