Skip to Content


O pasado 24 de setembro arrincamos coa primeira HORA DE LER deste curso 2018-2019. Para iso, partimos dunha escolma de libros diversos en cada curso da secundaria, o cal foi xa sendo renovado polos usuarios pouco a pouco.



Algunhas voluntarias están traballando arreo nunha nova colocación da banda deseñada existente nos fondos da biblioteca. A nova orde basearase na distinción entre manga, cómic europeo e cómic americano. Ánimo e adiante, rapazas!



Foi o alumnado de 4ºESO o que explicou aos recén aterrados na secundaria de 1ºESO como buscar material na biblioteca e os segredos desta. Toda unha oportunidade para que os maiores demostraran as súas dotes pedagóxicas e tamén para coñecerse uns e outros.

 



A escritora Eva Mejuto veunos falar da súa novela "22 segundos" o pasado 3 de outubro, charla que se centrou na temática LGTBI, entre outras.



Os novos usuarios de 1ºESO recibiron de mans do alumnado de 4ºESO cadanseu carnet de biblioteca.



Os novos usuarios da biblioteca de 1º ESO recibiron de mans do alumnado do 4º ESO cadanseu carnet.1º ESO cos seus carnets da biblio



Hoxe, día de notas e despedidas, chegou á biblio unha triste noticia: Debemos despedir tamén a Xabier P. Docampo, que nos deixa aos lectores galegos un pouco orfos.

Este "habitante da lingua e da infancia" deixa tras de si un ronsel de literatura indeleble na nosa lingua. Na biblioteca do centro podes atopar algunhas desas obras que fixeron de Docampo un pioneiro da nosa literatura infantil e xuvenil e un autor dos máis premiados e imprescindibles da nosa literatura: O misterio das badaladas, A casa da luz, O pazo baleiro, Cando petan na porta pola noite...

Gustaríanos marchar de vacacións recomendándovos a súa última novela: A nena do abrigo de astracán.

https://cadernodacritica.wordpress.com/2017/12/19/a-nena-do-abrigo-de-astracan-de-xabier-p-docampo/

Distribuir contido


by Dr. Radut