Skip to Content


  Tamén Ainhoa, Cristina e Idaira de 6º B se animaron a facer as súas recomendacións, que veredes nos PDF adxuntos. Gracias!



  Os rapaces e rapazas de 5º do CPI Cabo da Area son grandes lectores e, xa que este mes se celebrou o Día do Libro, comparten con nós os títulos que máis lles gustan. Poderalos ver no PDF adxunto.

  Moitas gracias!



As familias dos alumnos do CPIP Cabo da Area que realizasen estes días traballos seguindo o modelo de xéneros periodísticos, lembrade que aínda estades a tempo de envialos para participar no concurso do Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia. O prazo remata este xoves día 30.

Os traballos deben ser remitidos antes de esa data á seguinte dirección:

Premio mejor periodista infantil y juvenil

Programa Prensa-Escuela. La Voz de Galicia

Avenida de la Prensa, 84-85

Polígono Industrial de Sabón

15143 Arteixo. A Coruña

Tedes as bases do concurso no PDF adxunto (se non se ve clicade no título e estará ó final do parágrafo).

Sorte ós participantes!



   Este xoves é o día do libro, unha data que no CPIP Cabo da Area adoita celebrarse co "Apadriñamento lector", como xa sabedes. Aínda que as circunstancias son extraordinarias, tamén o noso ánimo o é; a pesar de estarmos separados fisicamente, podemos seguir compartindo cos nosos compañeiros e compañeiras as lecturas que nos fixeron aprender, rir, soñar ou superar un momento difícil.

   Por iso, desde a Biblioteca propoñémosvos ós alumnos do centro, desde 5º de Primaria en adiante, que nos recomendedes ese libro que vosoutros considerades especial e que nos contedes por que. Para isto, creade unha ficha do libro cos elementos que se indican no PDF adxunto (pinchando no título "Día do libro", tédelo na parte de abaixo da páxina); tamén hai un exemplo dunha ficha xa feita. As mellores serán publicadas aquí e así todos os alumnos do CPIP Cabo da Area poderán ver as vosas recomendacións.

  As familias tamén poden particiar. Animádevos a compartir un momento de felicidade e aprendizaxe.



Tardou en chegar, pero por fin o temos con nós: trátase do cartel oficial das Bibliotecas Escolares deste curso 2018-2019, o cal xira en torno das Poéticas diversas. Dende logo, é ben suxerente...



A visualización das liñas dun campo magnético, a xeración deste, así como a observación das correntes de Foucault, o péndulo de Curie e a desviación da agulla dun compás na presencia dun imán foron algúns dos aspectos que aprendemos neste curioso experimento de magnetismo.

 



Tamén no primeiro trimestre o Club de Ciencias experimentou cunha placa informática e outros utensilios para crear un circuito pechado que servira como teclado para o noso ordenador.



A rapazada do Club de Ciencias fixo no primeiro trimestre o experimento chamado "Foguetes de auga", cuxo obxectivo é comprender o tiro parabólico e introducir a forza de rozamento do aire.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut