Skip to Content

Escolares

Saída ao Cemiterio dos Ingleses e o faro de Cabo Vilán

Este xoves realizamos unha saída para coñecer máis de preto o Cemiterio dos Ingleses e o faro de Cabo Vilán, ambos elementos relacionados coa traxedia do Serpent no ano 1890.

Se queredes acceder ao álbum, premede na foto.

 

Paisaxe e Sustentabiliade

CONSTRUCIÓN DA MAQUETA

DO TERRITORIO

ACTIVIDADES EN

INFANTIL

ACTIVIDADES EN

PRIMARIA

ACTIVIDADES EN

SECUNDARIA

     
   
   
       
     
     
       
     
     
     

O MAGO BENXAMÍN

O luns 30 estivo no cole ,por invitación da ANPA, o mago Benxamín.Pinchado na foto verás todas as imaxes da xornada!

O agasallo de Anya

O venres 27 recibimos a visita da escritora Sabela Núñez Singala, autora do libro "O agasallo de Anya", que nos falou do seu libro e de como surxiu a idea de escribilo. 

Podedes ver as fotos premendo aquí.

Tamén podedes visitar o seu blog para ver a entrada que nos adicou pinchando aquí.

 

 

DONATIVO GREENPEACE

Grazas aos vosos donativos para a campaña "Salvemos el Ártico" de Greenpeace, hoxe fixemos un ingreso na conta da ONG de 66,70€.

8 de Marzo

O venres día 9 de Marzo, as nenas e nenos de Infantil e Primaria reuníronse para celebrar xuntas/os o Día Internacional da Muller. Para isto, prepararon uns pequenos escritos, nos que tiveron que investigar sobre a vida dunha muller da súa contorna, que para elas e eles fose importante, por algún motivo. Sen dúbida, non tiveron que afondar moito, para atopar historias tan interesantes como as que podedes ver no vídeo seguinte.

 

8 de Marzo

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, dende o noso cole elaboramos este vídeo coa colaboración das nosas mulleres, que somos moitas!!

Recordade que se as mulleres paramos, o mundo PARA....somos a metade!!


CONCERTO

O pasado 21 de febreiro os alumnos e alumnas de 1º a 4º de E.P. viaxaron á Coruña ao Palacio da Ópera, para ver un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Campo a través.

Hoxe as nenas e nenos dende 4º a 6º puideron desfrutar dunha mañá diferente correndo en diversas carreiras en Cee. Premendo na foto tedes o enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut