Skip to Content

Escolares

"Makey Makey" (1 trimestre)

Tamén no primeiro trimestre o Club de Ciencias experimentou cunha placa informática e outros utensilios para crear un circuito pechado que servira como teclado para o noso ordenador.

TARZÁN

O pasado venres 11 de xaneiro as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º acudiron a A Fundación de A Coruña para participar nunha actividade promovida polas especialistas de lingua estranxeira. 

A obra de teatro baseábase na popular historia de Tarzán. Foi moi divertida e participativa. Mirade as FOTOS para comprobalo.

OS BOLECHAS VISITAN O COLE

Esta mañá Os Bolechas viñeron ao noso cole a pasar un bo anaco. As alumnas e alumnos de primeiro e segundo puideron disfrutar desta interesante e divertida actividade.

FOTOS

SAÍDA DE INFANTIL Á FUNDACIÓN (A CORUÑA)

O pasado 4 de decembro as nenas e nenos de infantil desprazáronse a A Coruña para visitar unha exposición de A Fundación onde a temática principal era a mestura de arte e música. Aprendemos moitas cousas novas e pasámolo xenial, podedes comprobalo pinchando aquí.

CONMEMORACIÓN DO 25 N NO COLE

Este luns conmemoramos o pasado 25 N

Estamos fartas e fartos de atopar día tras día estas noticias na prensa polo que mostramos a nosa repulsa a través de diversidade de actividades feitas no centro o luns 26.

                       BASTA XA!

ACTUACIÓN A TROPA DE TRAPO

O pasado luns 19 de novembro veu ao cole o grupo "A tropa de trapo" para facer unha actividade cos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º.

Pasárono en grande!

                                                                                            Resultado de imaxes para a tropa de trapo ti tamen contas

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO

As alumnas e alumnos do CPI Cabo da area xunto coas familias e representantes do Concello xuntámonos na praza dos Voluntarios de Laxe para dicir, unha vez máis, BASTA XA

Estamos fartas de semexante barbarie. NON queremos máis mortes, NON queremos máis víctimas, NON queremos máis desprezos, NON queremos máis sufrimento.

Premio á mellor curtametraxe 2018 no FICBUEU

O pasado sábado 15 de setembro recibimos o premio á mellor curtametraxe de educación especial, infantil e primaria no FICBUEU polo traballo realizado o curso pasado co conto "O segredo do bosque", no que participaron as alumnas e alumnos de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.

Recolleron o premio os seguintes mestres: Berta Suárez, Fernando Pose e Laura Romero.

                 

UN SEGREDO NO BOSQUE

Este curso o alumnado de infantil, 1º,2º,3º e 4º de primaria, traballou no Plan Proxecta:

"Nós tamén creamos"

Resultado deste traballo, presentámosvos a curta: Un segredo do bosque.

(PREME na imaxe para ver a curta)

 

 

<--!break-->

Distribuir contido


by Dr. Radut