Un ano máis temos aquí o noso FURACÁN INFORMATIVO con todas as novas do curso, esperamos que vos guste!
Información sobre o final do curso 2019/2020
Instruccións para a solicitude do fondo solidario de libros e axudas
Instruccións para a RECOLLIDA de material e ENTREGA de libros da biblioteca e al bolsas feministas PRIMARIA
Instruccións para a RECOLLIDA de material e ENTREGA de libros da biblioteca SECUNDARIA
Renóvase o prazo de presentación de solicitudes de admisión !!!
Para novos/as alumnos/as no centro que non fixeran reserva de plaza.
HORARIO DE 10 a 13 horas
As persoas que acudan ao centro, para entregar a documentación, deberán pedir cita e cumplir as normas dictadas polo Ministerio de Sanidade ( mascarillas, luvas e distancia entre as persoas)
Habilitarase na entrada unhas mesas para a recepción de documentación.
Chamar ou mandar whatsApp o número 620718041 para pedir cita
Lembra que os materiais aquí indicados son para o traballo persoal e serán nalgúns casos correxidas polos profesores/as cando llas mandedes de volta, noutros autocorrexidas con solucionarios ou ben correxidas cando se reinicien as clases. Non son avaliables.
A comunicación entre alumnado e profesorado para resolver posibles dúbidas realizarase por correo electrónico, teléfono, abalar, class dojo, snappet, whatsapp, telegram,.... Consulta as direccións pinchando aquí.
Preme no nivel educativo correspondente para buscar o teu grupo:
Educación Infantil
Educación Primaria
Educación Secundaria
O alumnado que ten adaptación curricular recibe a comunicación persoalizada (correo electrónico, teléfono ou whatsapp) coas tarefas correspondentes ás materias adaptadas
Estimadas familias:
Seguindo as indicacións das autoridades educativas, o noso centro facilitará ás familias as cualificacións do alumnado correspondentes á Segunda Avaliación. As cualificacións corresponden á avaliación dos contidos impartidos ata o 13 de marzo, data na que se suspenderon as clases.
O venres día 3 abril a partir das 10:00 estarán publicadas en Abalar como se tiña previsto antes da suspensión das clases
As familias que desexen que se lles envíe o boletín terán que enviar un correo electrónico ao correo cpi.cabo.area@edu.xunta.es indicando:
Nome do pai/nai/titor/a legal do alumno/a co seu DNI
Nome do alumno/a e curso
No Asunto: Solicitude do Boletín de Notas da 2º Avaliación
E seralle enviado na maior brevidade posible, non antes do venres que é cando se fan públicas as notas.
Ánimo e forza.
Saúdos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »