Skip to Content

  • Listaxe provisional das solicitudes admitidas e excluídas:  11/07/2022
  • Reclamacións á listaxe provisional: 12/07/2022 e 13/07/2022

  • Listaxe definitiva cos libros asignados a cada alumna/o: 14/07/2022

  • Entrega dos vales para adquirir o material escolar e libros: Do 14/07/2022 ao19/07/2022 (horario de 10:00 a 13:00 horas). Quen non recolla os vales estes días poderá facelo a partir do 01/09/2022.

 
As listaxes do fondo de libros poderanse consultar na aplicación fondolibros, identificándose previamente coa Chave 365 ou co certificado dixital. Así mesmo, as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro situado no interior do centro.
 
Os libros de préstamo asignados ao alumnado entregaránse despois do comezo das clases en setembro 2022.


ENTREGA DE NOTAS AVALIACIÓN FINAL DA ESO:

Entrega de notas: 27 de xuño ás 10:00 horas na súa respectiva aula co/a titor/a. Deberán entregar ese día todos os libros de préstamo ao titor/a. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2022-2023. No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalo ese mesmo día. 

Publicación de notas en Abalar: 27 de xuño ás 13 horas.

Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica. Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula e o CELGA 3. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios.

O prazo de reclamacións abranguerá os días 28 e 29 de xuño de 10:00 a 14:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións.

PRAZO DE MATRÍCULA DA ESO:

O prazo de matrícula para o curso 2022-2023 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 25 de xuño ao 10 de xullo. Atención preferente nas datas seguintes en horario de 9:00 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis:

3-4º ESO: 27-28 de xuño

1º-2º ESO: 29-30 de xuño

Do 1 ao 10 de xullo poderanse matricular aqueles alumnos/as que non poideron formalizar a matrícula nas datas indicadas.

Documentación a presentar:

Impreso de matrícula (entrégase ao alumnado o 27 de xuño xunto coas notas) 

Dúas fotografías tamaño carné actualizadas

Fotocopia de DNI e tarxeta sanitaria do alumnado e dos proxenitores/as ou titores legais.

Seguro escolar, a partir de 3º da E.S.O. 1,12€ que se abonan en secretaría no momento da matrícula (non se dará cambio, deben abonar o importe exacto).

Lembramos que, unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil.

De non formalizar a matrícula no período establecido, entenderemos que renuncia á praza.

 


ENTREGA DE NOTAS: 22 DE XUÑO. Este será o derradeiro día para entregar os libros de préstamo (FONDO LIBROS).

 MATRÍCULA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA: Do 20 ao 30 de xuño.

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO (CURSO 2022/2023):

-Fotocopia das tarxetas sanitarias dos pais e alumnado

-2 Fotografías tamaño carné actualizadas

-Certificado de empadroamento

-Certificado médico

-Certificado discapacidade (en caso de non telo entregado antes no proceso de admisión)

-Resolución xudicial de separación,divorcio ou convenio regulador (en caso de non telo entregado antes no proceso de admisión)

 Os documentos de formalización de matrícula que se poderán recoller na Secretaria do centro en horario de 9 a 14 horas.

 Lembramos que, unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil.


  • Listaxe provisional das solicitudes admitidas e excluídas:  11/07/2022

  • Reclamacións á listaxe provisional: 12/07/2022 e 13/07/2022

  • Listaxe definitiva cos libros asignados a cada alumna/o: 14/07/2022

  • Entrega dos vales para adquirir o material escolar e libros: Do 14/07/2022 ao19/07/2022 (horario de 10:00 a 13:00 horas). Quen non recolla os vales estes días poderá facelo a partir do 01/09/2022.

 
As listaxes do fondo de libros poderanse consultar na aplicación fondolibros, identificándose previamente coa Chave 365 ou co certificado dixital. Así mesmo, as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro situado no interior do centro.
 
Os libros de préstamo asignados ao alumnado entregaránse despois do comezo das clases en setembro 2022.

IMPORTANTE: DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2021/2022.

- En Educación Primaria deberán devolver os libros como data límite o derradeiro día clase.

- Na ESO devolveránse os libros o luns 27 de xuño, día no que se entregarán en papel as notas.

- Os libros devoltos deberán estar en bo estado, validos para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso seguinte, sen nomes, sen escribir neles nin subliñados ou rotos.De non facelo así, ademais de quedar excluídos de posteriores axudas ou do uso do fondo solidario, a Consellería podería iniciar un expediente de reintegro da axuda concedida.


Prazo presentación solicitudes: 19/05/2022 - 22/06/2022

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirrir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 22/23 (código de procedemento ED330B).

Lembrade que se pode tramitar a petición do fondo solidario tanto presencialmente na secretaría do centro como telemáticamente.

 

IMPORTANTE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Anexo I (Solicitude) Modelo ED330B.
  • Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia DNI en vigor de todos os membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno o os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
    • 1º Certificado ou volante de convivencia.
    • 2º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se poida xustificar co libro de familia, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 


Adáptanse as programacións dos departamentos no relativo á avaliación, os criterios de promoción, de titulación e de concesión de matrículas de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 que actualiza a normativa de avaliación.

Ver documento adxunto con todos os cambios.

 


Pódese consultar a listaxe provisional do alumnado admitido neste centro para o curso 2022/2023 na aplicación admisionalumnado, identificándose previamente co certificado dixital ou a Chave 365. Ademais, esta listaxe está dispoñible no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio de secundaria (en fronte da Secretaría).

Poderanse formular reclamacións ata o 29 de abril.


CALENDARIO ADMISIÓN 2022/2023  

Presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 21 de marzo 

Listaxes provisionais de admitidos/as e non admitidos/as

25 de abril

Listaxes definitivas  

Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula

Do 20 de xuño ao 30 de xuño  (EDUC. INFANTIL E EDUC. PRIMARIA) 

Do 23 de xuño ao 11 de xullo  (E.S.O.)

 

 SOLICITUDE ADMISIÓN 2022/2023

A consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os/as proxenitores/as cubran a solicitude na aplicación (premendo no menú da mesma en Solicitudes > Admisión > Crear), e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. 

As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Manual para as familias solicitude admisión:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanrosendo/system/files/Manual%20para%20as%20familias.pdf

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS 2022/2023  

 

4º E. INFANTIL 

25

5º E. INFANTIL

11

6º E. INFANTIL

17

1º E. PRIMARIA

6

2º E. PRIMARIA

7

3º E. PRIMARIA

3

4º E. PRIMARIA

11

5º E. PRIMARIA

12

6º E. PRIMARIA

21

1º ESO 

12

2º ESO

12

3º ESO

7

4º ESO 

13



by Dr. Radut