Skip to Content

Pódese consultar a listaxe provisional do alumnado admitido neste centro para o curso 2022/2023 na aplicación admisionalumnado, identificándose previamente co certificado dixital ou a Chave 365. Ademais, esta listaxe está dispoñible no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio de secundaria (en fronte da Secretaría).

Poderanse formular reclamacións ata o 29 de abril.


CALENDARIO ADMISIÓN 2022/2023  

Presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 21 de marzo 

Listaxes provisionais de admitidos/as e non admitidos/as

25 de abril

Listaxes definitivas  

Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula

Do 20 de xuño ao 30 de xuño  (EDUC. INFANTIL E EDUC. PRIMARIA) 

Do 23 de xuño ao 11 de xullo  (E.S.O.)

 

 SOLICITUDE ADMISIÓN 2022/2023

A consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os/as proxenitores/as cubran a solicitude na aplicación (premendo no menú da mesma en Solicitudes > Admisión > Crear), e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. 

As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Manual para as familias solicitude admisión:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanrosendo/system/files/Manual%20para%20as%20familias.pdf

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS 2022/2023  

 

4º E. INFANTIL 

25

5º E. INFANTIL

11

6º E. INFANTIL

17

1º E. PRIMARIA

6

2º E. PRIMARIA

7

3º E. PRIMARIA

3

4º E. PRIMARIA

11

5º E. PRIMARIA

12

6º E. PRIMARIA

21

1º ESO 

12

2º ESO

12

3º ESO

7

4º ESO 

13


O día 25 de febrero de 2022 terá lugar a exhibición dos disfraces elaborados na escola polo alumnado e profesorado de educación infantil e primaria. Ao igual que o pasado ano o COVID-19 condiciona o desenvolvemento das actividades en xeral, polo tanto desta tamén. Así pois, lembramos as normas a ter en conta para quen poida ou queira compartir nesta xornada os disfraces:

1.Obrigatoriedade de máscara en todo momento.

2.Obrigatoriedade de desinfección mans.

3.Obrigatoriedade de manter a distancia interpersoal de seguridade establecida pola lei (1,5 mestros) en todo momento, e respetar os asentos indicados polos traballadores e traballadoras do centro.

4.Só poderán asistir dous representantes da familia por neno/a e curso.

5.Accederase ao centro pola porta principal.

 

A presentación dos disfraces farase no Salón de Actos do edificio de Educación Infantil e Primaria, e cada curso terá asignado un horario de comezo que se deberá respetado puntualmente evvitando aglomeracións, a fin de que a actividade estea o máis organizada posible, o que facilitará o cumprimento do Protocolo COVID-19.

EDUCACIÓN PRIMARIA.

De 10,00 a 10,20 horas: 6º.

De 10,20 a 10,40 horas: 5ºA e 5ºB.

De 10,40 a 11,00 horas: 4º.

De 11,00 a 11,20 horas: 3º.

De 12,00 a 12,20 horas: 1º.

De 12,20 a 12,40 horas: 2º.

EDUCACIÓN INFANTIL.

De 15,20 a 15,40 horas: 5º (4 anos).

De 15,40 a 16,00 horas: 4º (3 anos).

De 16,00 a 16,20 horas: 6º (5 anos).

Contando, coma sempre, coa vosa colaboración, esperamos que disfrutedes da actividade.

O Equipo Directivo do CPI Plurilingüe Cabo da Area


Con carácter xeral, o illamento dun caso confirmado da COVID-19 durará cando menos 7 días. Aos 7 días, e sempre que pasaran 3 días sen síntomas, sen necesidade de ningunha proba diagnóstica, o caso confirmado poderá abandonar o illamento e reincorporarse ao centro, extremando as medidas preventivas outros 3 días.

A corentena domiciliaria dos contactos estreitos debe manterse durante os 7 días seguintes ao último contacto co caso, sempre que se obteña un resultado negativo na proba de control. Unha vez transcorrido este período, a persoa en corentena deberá seguir medidas de vixilancia por contacto ata pasados 10 días do último contacto co caso.

Durante o período de vixilancia unicamente poderá realizar actividades esenciais (ex.: acudir ao centro educativo ou realizar compras básicas). Cando se realicen estas actividades esenciais, deberá seguir as seguintes indicacións: 

  • Manter a distancia de seguridade con outras persoas de polo menos 1’5 metros.
  • Usar sempre a máscara
  • Non realizar actividades que impliquen quitar a máscara se non pode asegurar a distancia de seguridade (ex.: comer ou beber en presenza doutras persoas), incluído no domicilio cos seus conviventes.
  • Lavar as mans con frecuencia.

No caso de non realizar proba diagnóstica durante a corentena, polo motivo que sexa, deberá prolongarse a corentena ata pasados os 10 días do último contacto co caso.

Estas medidas son extraídas do seguinte documento publicado pola Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria. CLICK AQUÍ

 


Por fin chegou o día da estrea de SEGREDOS ABERTOS, montaxe da que puido desfrutar todo o alumnado de secundaria hoxe. Con esta posta en escea, a rapazada de 4ºESO despedía o trimestre de xeito teatral.


O vindeiro martes 21 de decembro, o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4ºESO estrea a súa performance SEGREDOS ABERTOS, baseada no texto gañador do Certame de Teatro Lido do FIOT. Faranse varios pases teatrais ao longo da mañán dese día. Prometemos gravación do evento na páxina web!


O alumnado de 1ºESO saca á luz os froitos da exposición oral feita en Lingua Castelá e Literatura este trimestre, cuxo título é UN METRO CUADRADO DE MI MUNDO. Este traballo consistía en escoller de 5 a 10 obxectos que definiran a cada alumno/a, a partir dos cales realizaron unha presentación oral na aula falándolos deles/as mesmos/as.

              


Segundo as instrucións do PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 o vindeiro venres 17/12/2021, procederase ao resparto na aula, de máscaras entre o alumnado beneficiario do cheque de axuda para material escolar 2021/2022. As máscaras, seguindo as citadas instrucións, son hixiénicas, reutilizables ata 50 lavados (cumpren a normas UNE 0065), e serán entregadas 3 por neno/a. 

Equipo Directivo

 


O alumnado do CPI Plurilingüe Cabo da Area, un ano máis rexeita a violencia de xénero, unha lacra social que ten a moitas mulleres e nenas sumidas no medo e na inseguridade. Nesta e en moitas escolas do mundo contamos coa ferramenta máis eficaz para o cambio, A EDUCACIÓN E O FEMINISMO.

Aquí deixamos a nosa contribución a este día, unha canción e unhas palabras que contan moito e valen moito.

Grazas pola vosa colaboración, a igualdade de oportunidades e o fin do machismo son posibles!!!!


FAMILIAS: MÉRCORES 24, DE 17,00 A 20,30 HORAS, NA BIBLIOTECA DO EDIFICIO DE E.S.O.

ALUMNADO: MÉRCORES 24, DE 09,00 A 10,00 HORAS, NA BIBLIOTECA DO EDIFICIO DE E.S.O.

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: MÉRCORES 24, DE 09,15 A 10,15 HORAS, NA BIBLIOTECA DO EDIFICIO DE E.S.O.

PROFESORADO: XOVES 25, EN CLAUSTRO EXTRAORDINARIO ÁS 17,00 HORAS, NA BIBLIOTECA DO EDIFICIO DE E.S.O.

VOTAR É ASUMIR A RESPONSABILIDADE QUE COMO INTEGRANTES DA COMUNIDADE EDUCATIVA TEMOS TODAS E TODOS!!!!



by Dr. Radut