Prazos de matrícula para o vindeiro curso 2021-2022:
Infantil e Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
Secundaria: do 25 de xuño ao 10 de xullo.
Prazo extraordinario (todas as etapas): do 1 ao 10 de setembro.
Durante o curso estivemos a traballar no noso Plan Proxecta Protexe Os Animais. A continuación vos deixamos as mellores fotos das actividades que fixemos, e que poderedes atopar na GALERÍA.
Biblioteca con temática animal
Limpeza da praia de Laxe e recollida solidaria de alimentos
Protexemos os penedos de Traba
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021
O xoves 13 de maio o alumnado da ESO do CPI Cabo da Area rendeulle unha homenaxe a Xela Arias, escritora a quen a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas en 2021. No acto, celebrado no pavillón municipal, os alumnos e as alumnas de todos os cursos leron unha selección de poemas de distintos libros desta singular poeta: Intempériome, Darío a diario ou Denuncia do equilibrio. Alén dos versos de Xela Arias, Daniel Allo de 4º ESO tamén recitou un poema que seu pai escribiu cando o seu avó mariñeiro se xubilou. Por outra banda, o alumnado da materia de Música interpretou varias composicións musicais, entre elas o Himno de Galicia. Coa esta celebración quixemos tamén enxalzar a riqueza do noso patrimonio cultural e, en especial, valorizar ese inxente tesouro que nos deixaron en herdanza os nosos devanceiros: a nosa lingua!
Accede ás fotos do acto facendo clic na GALERÍA
Accede a un VIDEO do acto.
Instrucións relativas ao rexistro das solicitudes de admisión (código de procedemento ED550B), no que con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes por parte das famililas será entre os días 1 e 22 de marzo.
Igualmente infórmase de que as instrucións anuais da Dirección Xeral están colgadas no menú AXUDA da ferramenta admisionalumnado.
Finalmente, achéganse tamén os modelos normalizados de solicitude, que están dispoñibles na propia ferramenta, e na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Podedes ver as fotos do acto premendo neste ENLACE
Enlace aos videos:
INFANTIL 3 anos INFANTIL 4 anos INFANTIL 5 anos
1º PRIMARIA 2º PRIMARIA 3º PRIMARIA 4º A PRIMARIA 4º B PRIMARIA 5º PRIMARIA 6º PRIMARIA
ORDE NO DOG 13_11_20
MODELO DE SOLICITUDE
INSTRUCIÓNS
ALUMNADO DESTINATARIO:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
- Do 16 ao 27 de novembro.
Esta enquisa pretende ser útil para que a comunidade educativa poida identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus. De presentar calquera destes síntomas ou circunstancias o/a alumno/a non pode acudir ao centro, debe informar ao centro por teléfono e solicitar consulta no seu centro de saúde.
O alumnado que acuda ao centro para realizar os exames de setembro, debe facelo coas seguintes medidas de seguridade:
- ENTRADA: pola porta que da a entrada do campo de fútbol (saída de emerxencia por onde entra e sae o profesorado de Secundaria)
- Esperar o mínimo tempo posible fóra gardando a distancia de seguridade
- Uso de mascarilla obligatorio
Todo o alumnado que esté nalgunha das seguintes situacións NON DEBE ACUDIR a facer os exames e debe comunicalo á dirección do centro:
- Presentar sintomas nas últimas dúas semanas
- Febre maior de 37,5ºC
- Tos seca
- Dificultade respiratoria
- Fatiga severa (cansazo)
- Dos muscular
- Falta de olfato ou gusto
- Diarrea
- Tivo contacto ou conviviu nas últimas dúas semanas
- cunha persoa COVID-19 con positivo confirmado
- cunha persoa en illamento por sospeita de infección pola COVID-19
- Que esté pendente de resultados dunha proba ou que teña que gardar 14 días de cuarentena
Entrega de notas: Luns día 7 de 10:00 a 11:00Reclamacións: martes 8 e mércores 9 de 10:00 a 13:00 (con cita previa) Prazo extraordinario de matricula: do 1 ao 10 de setembro
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »