Skip to Content

Articles

Intercambio co IES La Vaguada de Zamora

Estes días de abril, do 19 ao 21, foron os/as profesores/as do noso centro os/as que visitaron o IES La Vaguada de Zamora co que estamos a participar nun intercambio sobre INNOVACIÓN METODOLÓXICA no marco do Programa Observa_Acción, que organizan as Consellarías de Educación de Castela León e Galicia, para o que foi seleccionado o noso centro canda outros 4 de Galicia.
Premede na imaxe e veredes unha referencia da prensa zamorana:

                  

Intercambio co IES La Vaguada de Zamora

Estes días de marzo, do 15 ao 17, tivemos de visita no noso centro a profesorado do IES La Vaguada de Zamora que está a participando nun intercambio sobre INNOVACIÓN METODOLÓXICA no marco do Programa Observa_Acción, que organizan as Consellarías de Educación de Castela León e Galicia, para o que foi seleccionado o noso centro canda outros 4 de Galicia.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías da visita, así coma algunha referencia en prensa destes días de traballo levados a cabo no noso centro. 

               

ARTIGO SOBRE O TRABALLO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA NA REVISTA GALEGA DO ENSINO

Desde a Revista Galega do Ensino pedíronnos que escribiramos sobre a INNOVACIÓN EDUCATIVA que estamos desenvolvendo no noso centro a partir dos programas do Plan Proxecta co obxectivo de este intenso labor poida servir de exemplo a seguir por outros centros ou docentes.

Podedes ler o artigo neste enlace: http://www.edu.xunta.es/…/p…/innovacion-educativa-como-norma

                                                             

VISITA DA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Esta mañá visitou as obras realizadas no centro (reparación do patio e dos paseos de acceso ao centro) con orzamento da Deputación Pontevedra a súa presidenta Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Cuntis, a Concelleira de Servizos socias e a presidenta da Anpa Obaño. Aproveitamos a ocasión para solicitarlle a realización de outras obras necesarias para o colexio.

Así mesmo, a presidenta da Deputación de Pontevedra quixo parabenizar persoalmente ao alumnado e ao profesorado polo PRIMEIRO PREMIO DE Telearqueoloxía que organiza a institución que preside a través do Museo de Pontevedra.

 

     

 

                                                                                                                                                                         

 

 



by Dr. Radut