Robot FP Innova 2018

 

FP Novi

 

 

 

Familias profesionais:

  • Electricidade e electrónica.
  • Fabricación mecánica.
  • Informática e comunicacións.

Centro colaborador:

  • CIFP As Mercedes.
Entidades colaboradoras:
  • Pedro Cuesta.
  • EasyWorks.
Obxectivos:
  • Deseñar e construír un robot autoequilibrado multifuncional para ser usado como elemento difusor de FP Innova 2018.
  • Usar a capacidade de innovación dos centros educativos para difundir e pór en valor a Formación Profesional de Galicia.
  • Fomentar o traballo en equipo do alumnado e o profesorado de varias familias profesionais e centros educativos, nun proxecto complexo e innovador.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dun robot multifuncional e autoequilibrado como elemento difusor no congreso FP Innova, que ofreza información ás persoas visitantes ao evento. A primeira versión do robot xorde da materialización da imaxe proxectada na edición do congreso do ano 2017 e incorpora funcionalidades como as capacidades de movemento, de visión, de audio e de reprodución de vídeo.

FP Innova 2018:

 

 

Aparicións en prensa:

 

 

 

Santiago Otero e Carlos Casal nas EasyTalks de SolidWorks que organiza easyworks

 

 

O próximo 25 de outubro, os profesores Santiago Otero, Carlos Casal xunto con NOVI intervirán como ponentes nas EasyTalks que se van celebrar en Vigo. As charlas teñen como temática proxectos e novidades de Solidworks. Son gratuitas. É para nos un pracer traballar con easyworks 
A páxina do evento para que os interesados se anoten é: https://easyworks.es/easytalks/

 

 

 

 

 

Como se fixo Novi

A electrónica do Robot FP Innova 2018!

Os alumnos e os profesores dos Ciclos Formativos de Sistemas de Telecomunicación e Informática, Automatización e Robótica Industrial, e Mantemento Electrónico: Carlos Casal, Antonio Gonzalez, Juan Manuel López, Luis Angel Cao, Enrique Pereira e Juan Casal están desenvolvendo a electrónica do Robot. A día de hoxe o Robot se desplaza, move a estrutura da cabeza, e fala!!!

Robot FP Innova 2018

O robot que estamos a desarrollar para a FP Innova 2018 xa comenza a tomar forma.

Santiago Otero Paz, profesor de Deseño de Fabricación Mecánica realizou o modelado e ensamblado das distintas pezas e estruturas do Robot. Ahí o tedes:

 

Grazas a Santiago Otero Paz polo deseño en SolidWorks do proxecto e grazas a empresa EasyWorks pola licenza para poder desarrollarlo. O deseño definitivo: