Prototipo de sistema Dish Stirling
IN14 - Prototipo de sistema Dish Stirling
- Difusión das enerxías renovables mediante o traballo na aula.
- Aplicación práctica das enerxías renovables.
- Traballo na aula dos distintos aspectos do proxecto.
Deseño e construción dun sistema de microxeración de enerxía eléctrica empregando un colector solar cilíndrico parabólico, un seguidor solar, un motor Stirling e un xerador eléctrico que poida integrarse dentro dun sistema híbrido de produción de enerxía renovable, facilitando o autoconsumo e redución de custos para os fogares.
Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica, Enerxía e auga, Fabricación mecánica e Instalación e mantemento.
Alumnado dos ciclos formativos das familias de Electricidade e electrónica, Enerxía e auga, Fabricación mecánica e Instalación e mantemento.
Coordinador: Antonio Rivas Goas.